Museo
buscar

O MUSEO / AMIGOS DO MUSEO

O Museo de Belas Artes da Coruña necesita do apoio da sociedade á que serve e á que está aberto sen excepción. Por iso, ao  igual que outras institucións deste xénero, queremos invitar a particulares e empresas a participar no seu desenvlvemento. Desde a súa Asociación de Amigos agradaríanos que todos os amantes da arte e da cultura en xeral poideran vincularse á nosa aventura, pois so a través da suma de vontades poderemos lograr oque nos nosos mellores sonos concibimos. 

JUNTA DIRECTIVA

VANTAXES DO SOCIO COLABORADOR

 . Carné de socio
 . Entrada gratuita no Museo de Belas Artes da Coruña
 . Reducción do prezo da entrada noutros museos públicos
 . Información regular sobre as actividades da Asociación e o Museo
 . Visitas guiadas privadas exclusivas en exposicións de especial significación
 . Desconto especial no prezo dos cursos, seminarios e obradoiros organizados polo museo e a asociación
 . Desconto especial en viaxes culturais organizados pola asociación
 . 20% de desconto en todo tipo de productos, libros e outros obxectos na tenda do Museo
 . Utilización das instalacións da biblioteca especializada do Museo, previa solicitude á dirección do mesmo
 . Invitación ás inauguracións das exposicións do Museo

Faite socio

Contacto

Portal web

__________________________________________________________________________

NOVIDADES

12/09/2016

CONVOCATORIA

BOLSA DE COLABORACIÓN | 2016-2017

no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña.

O obxectivo desta beca é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmo.

A actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centro.

A bolsa poderase renovar ata un máximo de dous anos.

A concesión da bolsa no suporá ningún tipo de relación xurídico-laboral ou profesional entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración á que este pertence e o/a beneficiario/a da mesma, nin outorgará a este/a ningún dereito laboral ou profesional máis aló do alcance da bolsa.

Bases da convocatoria en http://amigosmuseobbaacoruna.com

Información:
Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA
Tel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702
amigosmbac@gmail.com
http://amigosmuseobbaacoruna.com

01/09/2015

CONVOCATORIA

BOLSA DE COLABORACIÓN | 2015-2016

Bases da convocatoria

Información:
Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA
Tel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702
amigosmbac@gmail.com
http://amigosmuseobbaacoruna.com

11/12/2013

CONVOCATORIA

BOLSA DE COLABORACIÓN - 2014

no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña.

O obxectivo desta beca é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmo

A actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centro

08/05/2013

ANUNCIO

NOVA PÁXINA WEB

A Asociación de Amigos estrena páxina web para achegar toda a información relacionada coas súas actividades aos socios e para manter un contacto máis directo cos mesmos.

Invitámosvos a visitar a nova web: clicar aquí

13/12/2012

CONVOCATORIA

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Día: 9 de xaneiro de 2013
Hora: 19:00h (1ª convocatoria)
         19:30h (2ª convocatoria)

Transcurrido máis dun ano desde a última Asamblea Xeral, é o momento de volver a reunir aos socios para comentar as diversas actividades levadas a cabo ao longo dos últimos meses, así como discutir e votar as nuevas iniciativas.

Animámosvos a acudir á cita e a participar neste proxecto común no que a vosa opinión e apoio é fundamental.

11/12/2012

CONVOCATORIA

BOLSA DE COLABORACIÓN - 2013

no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña.

O obxectivo desta beca é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmo

A actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centro

A bolsa poderase renovar ata un máximo de dous anos.

A concesión da bolsa no suporá ningún tipo de relación xurídico-laboral ou profesional entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración á que este pertence e o/a beneficiario/a da mesma, nin outorgará a este/a ningún dereito laboral ou profesional máis aló do alcance da bolsa.

Información:
Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA
Tel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702
amigosmbac@gmail.com
http://amigosmuseobbaa.hol.es/noticias/

VIAXE EN SEMANA SANTA 2012

A TOSCANA

Informámoste que organizamos unha viaxe cultural para Semana Santa (do 3 ao 10
de abril de 2012) á Toscana.

O prezo total por persoa en cuarto dobre é de 1.685,00 € e os non socios 1.735,00 € (os maiores de 65 anos, logo de acreditación, pagarán 40,00 € menos). O suplemento de individual 250,00 €.

Este presuposto inclúe: seguro de viaxe, taxas e voos en liña regular A Coruña-Madrid-Florencia-Madrid-Santiago, 7 noites de hotel**** en cuarto dobre e réxime de media pensión (bebidas non incluídas); autocar a disposición do grupo durante todo o itinerario, 3 xantares durante as excursións, guía correo en todo o circuíto así como guías locais en cada unha das cidades, e entradas a todos os monumentos e museos detallados nos itinerarios.

Todos aqueles que estean interesados terán que facer o seu prerreserva (logo de pagamento
dun depósito de 400,00 €) en Viaxes Matogrande, Tel.: 981 902 400.

Plan da viaxe

VIAXE EN CARNAVAIS

EXCURSIÓN A MADRID - RASCAFRÍA

A nosa próxima viaxe cultural será a Madrid e Cartuxa do Paular para visitar a serie de Vicente Carducho na súa localización orixinal, os días 18, 19, 20 e 21 de febreiro coincidindo cos Carnavais.

O prezo é de 265,00 € (non socios: 290,00 €) e o suplemento individual: 95,00 €. Inclúe viaxe en autocar, seguro de viaxe, tres noites en Hotel*** en réxime de aloxamento e almorzo buffet itinerario turístico por Madrid, excursión con comida incluída a Rascafría, así como as entradas ao Museo do Prado, á exposición temporal do Museo Thyssen e ás Descalzas Reais.

O prazo para facer a reserva, logo de pagamento do 20% do importe da viaxe (en caso de cancelación non se devolverá o prezo das entradas), será ata o 25 de xaneiro en Viaxes Matogrande (Tel.: 981 902 400).

Plan da viaxe

BOLSA DE COLABORACIÓN - 2012
no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña

* RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA 

12.01.2012.- A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña resolveu a convocatoria da bolsa para colaborar no programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña, durante o ano 2012, cunha duración de nove meses.

Os aspirantes poden consultar a listaxe das puntuacións definitivas chamando ao teléfono 881 881 700 ou na sede da asociación, de 9 a 14 horas.

O prazo para reclamacións remata o 18 de xaneiro de 2012, inclusive.

* CONVOCATORIA

Decembro 2011.- A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar no programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña, durante o ano 2012, cunha duración de nove meses.

Prazo de presentación da documentación: antes do 30 de decembro de 2011

Bases da convocatoria

CONVOCATORIA

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Día: 14 de decembro de 2011
Hora: 18.30 - 19.30h (convocatoria ordinaria)
Hora: 19.30 - 20.30h (convocatoria extraordinaria)

Transcorrido máis dun ano desde a última Asemblea Xeral, é o momento de volver a reunir á Asemblea para a elección de nova xunta directiva.

__________________________________________________________________________

   PUBLICACIÓNS

   CONTOS INFANTÍS

Baixo o título Unha historia para un cadro, o Museo de Belas Artes da Coruña e a súa Asociación de Amigos, inicia unha serie de contos  infantís, a través dos que os nenos poderán achegarse ao coñecemento da pintura dunha forma moito máis amena e divertida. Cada un destes contos foi especialmente creado para a ocasión por un escritor galego de recoñecido prestixio, que seleccionou unha obra da colección permanente do museo para utilizala como punto departida e inspiración no posterior desenvolvemento da súa historia.
Cúmprese así un dobre obxectivo que consideramos fundamental como é a difusión dos nosos fondos museográficos, e a participación activa no ámbito educativo ao servicio da sociedade.

. A pequena gardiana 2009, Fina Casalderrey (ilustracións Xosé Cobas)

. Botella ao mar 2009, Marilar Aleixandre (Ilustracións Xosé Cobas)

. Chega un baixel 2009, Suso de Toro (ilustracións Xosé Cobas)

. Mariña surrealista 2009, Yolanda Castaño (Ilustracións Xosé Cobas)

* NOTA: Os libros pódense adquirir na tenda do museo a 10,00 € cada un, se ben a colección completa dos catro contos ofrécese ao prezo especial de 30,00 € (Os Amigos do Museo benefícianse dun 20% de desconto sobre o prezo).

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.