FICHA TÉCNICA
Ecce-Homo1531-1586
MORALES, Luis de [El Divino] (1510-c.1586)
Nº Inventario: 275
Técnica: Óleo
Soporte: Táboa
Dimensións: 45,5 x 34,5 cm
Procedencia: Asignación. Usucapión do Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Junta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesoro Artístico.
Comentario: Esta imaxe, seguindo os relatos evanxélicos, plasma a expresión Ecce Homo, que é a forma latina do anuncio de Pilatos: Aquí está o home, cando presentou a Xesús ao pobo para coñecer o seu veredito. Este tema tivo unha grande aceptación entre a clientela de Morales, devota e na súa maior parte do ámbito clerical e foi frecuente na súa producción, xa que se coñecen varias versións do mesmo tema.