Museo
buscar



COLECCIÓN

Retrato de dona Emilia Pardo Bazán

FICHA TÉCNICA

Retrato de dona Emilia Pardo Bazán1896

VAAMONDE CORNIDE, Joaquín (1872-1900)

Nº Inventario: 1227

Técnica: Pastel

Soporte: Papel

Dimensións: 65,2 x 50,3 cm

Procedencia: Doazón de Dona María de las Nieves Quiroga, Marquesa viuva de Cavalcanti

Comentario:
Joaquín Vaamonde chegou a ser un retratista de fama en Madrid, especializado en retratos ao pastel, baixo a protección de dona Emilia Pardo Bazán, quen na súa obra literaria A Quimera (1905) personificou ao pintor coruñés no personaxe de Silvio Lago. A súa temperá morte truncou a súa carreira, polo que se lle incluíu posteriormente na denominada Xeración Doente.

Emilia Pardo Bazán (1851-1921) está considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxes, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao especificamente feminino.

PRESTAMO A EXPOSICION:Obra cedida á exposición “Francisco Giner de los Ríos y la Institución Libre de Enseñanza”, organizada pola Fundación Francisco Giner de los Ríos [Institución Libre de Enseñanza] e Acción Culutral Española (AC/E), celebrada en Madrid na sede da Fundación Francisco Giner de los Ríos do 5 de novembro de 2015 ao 22 de maio de 2016.

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Audioguias

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.