Museo
buscar



ACTIVIDADES

OS TEMAS DA ARTE. O significado dos obxectos

Martes, do 25 de abril ao 13 de xuño de 2017

de 12:00h a 13:00h Adulto

Monitor: Ana Ulloa e Sonsoles Ortiz

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña

Lugar: Salón de actos

Público: Adulto

Prazas:

Prezo: 15,00 € (Amigos Museo 12,00


CURSO NO MUSEO. OS TEMAS DA ARTE

O SIGNIFICADO DOS OBXETOS

 

Profesoras: Ana Ulloa e Sonsoles Ortiz de Urbino

Sede: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Datas: Martes, do 25 de abril ao 13 de xuñode 2017

Hora: 12:00h a 13:00h

Colabora: Amigos do Museo e Deputación da Coruña

Matrícula: 15,00 € (Amigos Museo: 12,00€)

 

Ao longo do curso afondaremos na importancia do obxecto artístico como espello da realidade e dialogaremos cos obxectos que aparecen nas pinturas e esculturas facendo fincapé na súa iconografía, simboloxía e significados ocultos. Elementos que cómpre coñecer para descifrar e entender a mensaxe que o artista quere comunicar tanto en obras de temática relixiosa, mitolóxica, costumista ou retratos. Moitas veces o obxecto será clave para identificar os distintos personaxes xa sexan deuses, santos ou figuras alegóricas. O obxecto pode ser tamén protagonista da pintura como no caso do bodegón ou da natureza morta, para constatar que tamén pode ser unha metáfora da realidade e un reflexo da sociedade na que se desenvolve.

O curso rematará coa visita á propia colección permanentedo museo. A partir do cadro de Frans Franken II, O gabinete do coleccionista, aproximarémonos tamén ao tema do coleccionismo onde o obxecto volve ser o foco de atención.




RESERVA DE PRAZA*:

. Desde esta web (premer aquí)
. Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal
. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.