Museo
buscar



ACTIVIDADES

Obradoiros infantís de verán
Do autorretrato ao selfie

Quendass semanais de martes a venres en xullo

10:00 /13:30 h *A semana do 26 de xullo: de 10:00 a 14:00h de 7 a 12 anos

Monitor:

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña coa Asociación de

Lugar: Museo de Belas Artes da Courña

Público: de 7 a 12 anos

Prazas: Limitadas, con inscrición pre

Prezo: 25,00 € (Amigos Museo 20,00

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN

DO AUTORRETRATO AO SELFIE




Partindo dalgunhas das obras que forman parte da colección do Museo de Belas Artes, así como doutras obras destacadas da Historia da Arte, faremos un percorrido polo retrato, vendo como este foi cambiando ao longo do tempo. Desde os retratos monárquicos barrocos da nosa colección ata as propostas máis contemporáneas e vangardistas, reflexionaremos sobre conceptos coma a aparencia, a identidade e o corpo. En sesións sempre prácticas e lúdicas, traballaremos o autorretrato e o xeito en que nos mostramos fronte aos outros; como nos vemos a nós mesmos e como nos ven os demais. Traballaremos con numerosos medios (fotografía, pintura, escenografía, “obxectos atopados”...) nunha semana chea de diversión e autocoñecemento.

 

IDADES DOS PARTICIPANTES  7-12 anos (ambos inclusive)

HORARIO 10:00 /13:30 h  *A semana do 26 de xullo: de 10:00 a 14:00h

DURACIÓN De martes a venres do mes de xullo en diferentes quendas :

Semana 4 -7 dexullo

Semana 11 -14 de xullo

Semana 18 -21 de xullo

Semana 26 -28 de xullo*


COLABORA Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

INSCRICIÓNS

25,00 € (Amigos Museo 20,00 €) Prazas limitadas

 

OBXECTIVOS

- Coñecer distintos tipos de manifestacións artísticas (fotografía, pintura, miniatura, body-art)
- Fomentar a imaxinación e a creatividade
- Incrementar o interese pola arte de distintas épocas e estilos
- Fomentar o coñecemento do outro e de nós mesmos a través da plástica
- Vincular a arte do pasado coa arte do presente e co mundo que nos rodea


NECESIDADES DOS PARTICIPANTES

-Traer a merenda para tomar no descanso que se realizará todos os días a media mañá
- Notificar ás educadoras se os cativos teñen algunha necesidade especial, así como alerxias á pintura, tecido ou calquera tipo de material que sexa susceptible de empregarse en actividades plásticas
-Recoméndase traer mandilón ou roupa vella
-Presentar ao longo das sesións que dura a actividade unha autorización para o uso das imaxes dos rapaces e rapazas, tanto para os propios proxectos que se desenvolverán durante os obradoiros como para o seu posible uso en redes sociais.

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.