Museo
buscar



ACTIVIDADES

OS TEMAS DA ARTE:
Introducción á historia da moda a través da pintura

Martes, do 10 de outubro ao 21 de novembro de 2017

de 18.30 a 19.30 h Adulto

Monitor: Mónica Rey Cabezudo

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña

Lugar: Salón de actos do museo

Público: Adulto

Prazas: Limitadas, con inscrición pre

Prezo: 15,00€ (Amigos Museo: 10,00


CURSO

OS TEMAS DA ARTE:

INTRODUCIÓN Á HISTORIA DA MODA A TRAVÉS DA PINTURA


Organiza: Asociación Amigos do Museo e colabora a Deputación Provincial da Coruña

Datas: Martes, do 10 de outubro ao 21 de novembro de 2017

Hora: de 18.30 a 19.30 h

Profesora: Mónica Rey Cabezudo

Aberto o prazo de matrícula: 15,00€ (Amigos Museo: 10,00 €)



O curso abranguerá diversos aspectos da historia da moda occidental dende a Antigüidade Clásica ata o mundo Contemporáneo. Os alumnos adquirirán coñecementos básicos sobre a historia da moda que lles permitirán enfrontarse ás distintas manifestacións artísticas dende o punto de vista da vestimenta.

Así mesmo mellorará a súa concepción da evolución das formas, tecidos e a industria téxtil ao longo da historia e a súa importancia como elemento diferenciador das diferentes clases sociais.

O curso contará cun total de sete sesións (dunha hora de duración), durante as que se abarcarán diversos aspectos da historia da moda occidental dende a Antigüidade Clásica ata o mundo Contemporáneo:

1º Sesión: A Antigüidade Clásica: o mundo grego, entre a moda dórica e a helénica.
2º Sesión:O mundo romano. A Alta Idade Media, entre o Imperio Carolingio e o Bizantino.
3º Sesión: A Baixa Idade Media, a especialización e a suntuosidade na moda.
4º Sesión: O Renacemento, as novas modas Europeas
5º Sesión: O século XVII, entre gorgueras e infantados, e o século XVIII, o vestir en Francia e Inglaterra.
6º Sesión: O século XIX, e a mecanización da produción textil.
7º Sesión: O século XX, a Alta costura e o Pret-a-Porter.



O curso rematará cunha visita guiada á colección permanente do museo.