OS TEMAS DA ARTE: A arte e a historia da moda no século XX
Mércores, do 11 de abril ao 9 de maio de 2018
18:30 h Adulto
Monitor: Mónica Rey Cabezudo
Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña coa Asociación de
Lugar: Salón de actos do museo
Público: Adulto
Prazas:
Prezo: 15,00€ (Amigos Museo: 10,00

CURSO
OS TEMAS DA ARTE:
A ARTE E A HISTORIA DA MODA NO SÉCULO XX
Organiza: Asociación Amigos do Museo e colabora a Deputación Provincial da Coruña
Datas: Mércores, do 11 de abril ao 9 de maio de 2018
Hora: de 18.30 a 19.30 h
Profesora: Mónica Rey Cabezudo
Prazo de matrícula a partir do 2 de abril: 15,00€ (Amigos Museo: 10,00 €)
No curso percorreranse os distintos aspectos do mundo artístico que influíron no deseño e a concepción da moda, desde as influencias orientalistas do vestiario do ballet Scheherezade, estreado por primeira vez en 1910 na Ópera de París, pasando polas consecuencias das dúas Guerras Mundiais no campo do vestiario, ata as colaboracións de distintos grafiteros con grandes casas de moda desde os anos 80.
O curso contará cun total de cinco sesións (dunha hora de duración), durante as que se abarcarán os seguintes aspectos:
1ª Sesión: A influencia dos ballets rusos na moda do século XX
2ª Sesión: Deseñadores e surrealismo, as colaboracións artísticas dos anos 20 e 30.
3º Sesión: O bikini, o new look e o glamour de Hollywood.
4ª Sesión: A revolución da minisaia.
5º Sesión: A arte urbana e a moda, últimas tendencias
RESERVA DE PRAZA*:
. Desde esta web (premer aquí)
. Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal
. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)
*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.