Museo
buscar



ACTIVIDADES

Obradoiros infantís de verán
Arte e ... acción!

de martes a venres en quendas en xullo de 2018

de 10:30 a 13:30 horas Nenos de 7 a 12 anos

Monitor:

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Público: Nenos de 7 a 12 anos

Prazas: limitadas, con inscrición pre

Prezo:


Alberto Datas, Añoranza Galaica II (1980). Colección Museo de Belas Artes da Coruña

ARTE E… ACCIÓN!

OBRADORIOS DE VERÁN NO MUSEO DE BELAS ARTES. 2018


ARTEE … ACCIÓN! é unha programación de actividades artísticas que reinterpreta as obras da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña desde unha mirada contemporánea e lúdica.

Unha viaxe que parte desde as obras mitolóxicas dos autores barrocos ata as máis vangardistas e contemporáneas, buscando desenvolver o potencial creativo e a expresión corporal, fomentando a imaxinación e educando a percepción espacial; a través das artes escénicas, a pintura, a fotografía e a colaxe.

Unha semana chea de diversión e creatividade.

 

IDADES DOS PARTICIPANTES 7-12 anos(ambos inclusive)

HORARIO 10:00 /13:30 H A semana do 24 de xullo: de 10:00 a 14:00H

DURACIÓN De martes a venres do mes de xullo en diferentes turnos:

Semana 3-6 de xullo
Semana 10 -13 de xullo
Semana 17 -20 de xullo
Semana 24 -27 de xullo

COLABORA Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

INSCIRCIÓNS 25,00 € (Amigos Museo 20,00 €) Prazas limitadas. Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas). Páxina web do museo. mu.belas.artes.difusion@xunta.es

OBXECTIVOS

- Coñecer distintos tipos de manifestacións artísticas

- Fomentar a imaxinación e a creatividade

- Incrementar o interese pola arte de distintas épocas e estilos,  vinculando a arte do pasado coa arte do presente e co mundo que nos rodea

- Fomentar o coñecemento do outro e de nós mesmos a través da plástica


NECESIDADES DOS PARTICIPANTES

-Traer a merenda para tomar no descanso que se realizará todos os días a media mañá
- Notificar aos educadores se os cativos teñen algunha necesidade especial, así como alerxias á pintura, tecido ou calquera tipo de material que sexa susceptible de empregarse en actividades plásticas
-Recoméndase traer mandilón ou roupa vella
-Presentar ao longo das sesións que dura a actividade unha autorización para o uso das imaxes dos rapaces e rapazas, tanto para os propios proxectos que se desenvolverán durante os obradoiros como para o seu posible uso en redes sociais.



INFORMACIÓN E MATRÍCULA

Matrícula: 25,00 € (fillos de Amigos do Museo: 20,00 €)

Prazas limitadas


Inscricións:

- Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas)

- Páxina web do museo

- mu.belas.artes.difusion@xunta.es

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.