Museo
buscar



ACTIVIDADES

A Noite dos Museos

19 de maio de 2018

Apertura extraordinaria ata as 00h Xeral

Monitor:

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Público: Xeral

Prazas:

Prezo:

A NOITE DOS MUSEOS

19 de maio de 2018

Xornada de portas abertas con apertura extraordinaria ata as 00h.

 

Visitas guiadas á colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña

Horario: 12.30 h, 19.00 h e 22.00 h

Entrada libre

 

Visita dinamizada en familia
Conectándonos coa arte

Horario: 18:00 - 19:00 h / 19:30 - 20:30 h
Educadores: Jaime Capilla Cela e Laura Domínguez Estévez

O lema deste ano para o día dos museos é "Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos". Desde o Museo de Belas Artes da Coruña aproveitamos a ocasión para convidar a familias con nenos e nenas de entre 5 e 12 anos a visitarnos. Coa compañía dun educador do museo, iremos trazando un percorrido por algunhas das pezas máis significativas da colección e buscaremos aquelas obras artísticas coas que máis "conectemos". Nun ambiente lúdico e familiar relacionaremos as pezas do museo con distintas sensacións, sentimentos e aspectos do nosa vida cotiá, comprendendo que a ollada do espectador é a que realmente completa a obra de arte.

Actividade gratuita. Inscrición previa.
Pedimos aos asistentes que se presenten no vestíbulo do museo cinco minutos antes do comezo da actividade.


 

Danza Normal UDC

VERBENA FINAL. 10 anos de grandes hits

Horario: 21.00 h

DIirección: Rut Balbis

Bailan: Verónica Moar, Fernando Bruna, Eva Fórneas, Zeltia Martínez, Elías Álvarez e Elena Sánchez.

A Aula de Danza Normal da UDC celebra o seu 10º aniversario facendo unha revisión das trece pezas feitas ata o momento.

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.