Museo
buscar



ACTIVIDADES

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN
Un museo de técnicas

de martes a venres en quendas en xullo de 2019

de 10:00 a 13:30 horas (a semana do 23 de xullo: de 10:00 a 14:00h) Nenos de 7 a 12 anos

Monitor:

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración c

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Público: Nenos de 7 a 12 anos

Prazas: limitadas, con inscrición pre

Prezo: 25,00 € (amigos museo 20,00

UN MUSEO DE TÉCNICAS
OBRADOIROS DE VERÁN NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA 2019


Durante os obradoiros de verán do Museo de Belas Artes da Coruña os rapaces e rapazas asistentes descubrirán todo un universo de expresión artística a través de diferentes técnicas e obras. Cada día adicarase a unha técnica artística, podendo observar en primeiro lugar diferentes exemplos nas salas do museo, de variadas épocas e artistas, para aprender despois no taller cal é o proceso de creación, como se planean as diferentes obras e que materiais se empregan para súa execución. As técnicasque se traballarán durante os catro días do obradoiro serán o carboncillo, a acuarela, o pastel e o modelado en barro; os nenos e nenas realizarán, coa guía da educadora, unha obra con cada material que poderán levar a casa ao rematar a semana.

IDADES DOS PARTICIPANTES 7-12 anos (ambos inclusive)

HORARIO 10:00 /13:30 H (a semana do 23 de xullo: de 10:00 a 14:00H)

DURACIÓN De martes a venres do mes de xullo en diferentes turnos:

Semana 2 -5 de xullo
Semana 9 -12 de xullo
Semana 16 -19 de xullo
Semana 23 -26 de xullo

COLABORA Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes

INSCRICIÓNS 25,00 € (amigos museo 20,00 €) Prazas limitadas. Tel. 881 881 700 (de luns a venres, de 9 a 15 horas) / mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

OBXECTIVOS

·        Coñecer diferentes técnicas artísticas e familiarizarse co seu uso.

·        Fomentar o gusto pola historia da arte dunha maneira lúdica e participativa

·        Distinguir obras de diferentes épocas e estilos

·        Traballar con materiais que fomentan a imaxinación e a psicomotricidade do participante.

·        Aprender a utilizar a arte coma un vehículo de expresión persoal.

·        Reflexionar sobre os procesos de traballo e a creación plástica.


NECESIDADES DOS PARTICIPANTES

·        Traer a merenda para tomar no descanso que se realizará todos os días a media mañá

·        Notificar aos educadores se os cativos teñen algunha necesidade especial, así como alerxias á pintura, tecido ou calquera tipo de material que sexa susceptible de empregarse en actividades plásticas

·        Recoméndase traer mandilón ou roupa vella

·        Presentar ao longo das sesións que dura a actividade unha autorización para o uso das imaxes dos rapaces e rapazas, tanto para os propios proxectos que sedesenvolverán durante os obradoiros como para o seu posible uso en redes sociais.

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Actividades de Primavera 2019

(pdf)Actividades de Primavera 2019

(pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.