Museo
buscar



ACTIVIDADES

TALLER FOTOGRÁFICO

18 e 19 de setwmbro de 2021

de 9 a 14 horas Adulto

Monitor: Lúa Ribeira e André Cepeda, fotógrafos

Organiza:

Lugar: Salón de actos do museo

Público: Adulto

Prazas: limitadas

Prezo: de balde

TALLER FOTOGRÁFICO NO MUSEO

Os fotógrafos Lúa Ribeira e André Cepeda protagonizan os primeiros talleres vinculados á mostra Percorrer o tempo que organiza a Xunta de Galicia no porto coruñés.

  

· As sesións, dirixidas a profesionais e afeccionados da fotografía, terán lugar no Museo de Belas Artes o sábado 18 e o domingo 19 previa inscrición na web do museo.

· O obradoiro complétase cunha conferencia o sábado, ás 18,00 horas, con entrada libre ata completar aforo, na que ambos artistas exporán os seus traballos. 

· As actividades forman parte do programa da exposición ‘Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño’ que se inaugurará a vindeira semana no porto coruñés.

 

A fotógrafa Lúa Ribeira, primeira galega na Axencia Magnum, e o portugués André Cepeda, de extenso percorrido internacional, serán os protagonistas dos primeiros talleres vinculados á mostra Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño (Xacobeo 21-22 / Xunta de Galicia), comisariada por Nicolás Combarro, que se mostrará na Mariña da Coruña entre o 17 de setembro e o 6 de novembro de 2021. 

As sesións, dirixidas tanto a profesionais como a afeccionados da fotografía, terán lugar nas xornadas do sábado 18 e do domingo 19 entre as 10,00 e as 14,00 horas no Museo de Belas Artes e nelas os artistas abordarán a súa metodoloxía de traballo e revisarán a das persoas asistentes. Cómpre ter en conta que para asistir é preciso inscribirse previamente enviando ao correo electrónico mu.belas.artes.difusion@xunta.gal o formulario sito na páxina web do museo.


As actividades deseñadas ao abeiro desta exposición complétanse cunha conferencia na que Lúa Ribeira e André Cepeda exporán os seus traballos. A cita terá lugar o sábado a partir das 18,00 no propio museo e a entrada será libre ata completar aforo.


Estas iniciativas encádranse na mostra "Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño" que a Xunta de Galicia, co apoio da Fundación “la Caixa”, promove para achegar diversas perspectivas das Rutas Xacobeas a través da ollada de dez artistas do eido audiovisual.


+info: teléfono do museo (881 881 700) en horario de 9,00 a 14,00 horas.


Formulario de preinscrición 

ACHÉGATE

Colección do museo

Visítamos e descubre a colección do museo

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Folleto do museo

(pdf)

Museum brochure

(pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.