Museo
buscar



O MUSEO / BIBLIOTECA

O Museo de Belas Artes da Coruña conta cunha biblioteca especializada adscrita a Rede de Bibliotecas de Galicia. A biblioteca posúe máis de 14.000 volumes e un importante número de publicacións periódicas nacionais e internacionais e catálogos de poxas. 

As áreas temáticas que comprende son: historia da arte galega, española e universal, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía e outras materias afíns.

Os fondos vanse ampliando ano a ano coa adquisición das publicacións máis significativas que se lanzan no eido das artes -especialmente da arte galega-. Nestes momentos destaca a importancia da política de intercambio de catálogos de exposicións e outras publicacións con outros museos e institucións culturais españolas e estranxeiras que editen obras de contidos semellantes.

A biblioteca é un servizo fundamental para o persoal técnico do museo no traballo diario de catalogación e investigación e na organización de exposicións temporais e actividades culturais.

O acceso á mesma está aberto a investigadores, especialistas e público en xeral interesados na súa temática, con solicitude previa. Está atendida por persoal especializado, de luns a venres, con horario de atención ao público dende ás 9:30 ata ás 14:30 h.


Ofrece os siguientes servizos:

  • Consulta en sala (non existe o préstamo persoal a domicilio)
  • Información bibliográfica presencial, telefónica, por correo postal ou correo electrónico
  • Préstamo interbibliotecario
  • Servizo de reprografía (dentro dos límites da lexislación aplicable)
  • Intercambio de publicacións con outras instituciones


Dende esta web pódese consultar o catálogo, contactar co persoal da biblioteca para calquer consulta bibliográfica ou solicitude de acceso, ou propoñer o intercambio de publicacións por parte doutras institucións.


CONSULTA O CATÁLOGO DA BIBLIOTECA


CONTACTA COA BIBLIOTECA


CONSULTA A BIBLIOTECA EN PINTEREST


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Publicacións

lista de publicacións do museo

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.