Museo
buscar



ACTIVIDADES / NOTICIAS

21/04/2016

La biblioteca del Museo de Belas Artes celebra o Día Internacional del Libro


Día Internacional do Libro

Semana de celebración na Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña


A partir do 22 de abril de 2016 a Biblioteca do Museo celebra coas seguintes actividades o Día do Libro:


BookCrossing no museo

Lugar: Planta baixa do museo

Data: 22 de abril de 2016

Hora: a partires das 12:00h do venres no horario do museo

Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes


A biblioteca participará este venres 22 de abril e por quinto ano consecutivo, nunha actividade de "Bookcrossing" ou Campaña de liberación de libros preparada por 56 centros de arte e museos de toda España. Aportaranse libros e publicacións procedentes da bolsa de duplicados, acreditados con etiquetas que conterán as instruccións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web de BookCrossing, na que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán cada exemplar unha vez lido.


 

Intercambio de publicacións aberto ao público


Lugar: Biblioteca do museo

Data: 22 -29 de abril de 2016

Hora: luns a venres de 09:30 a 14:30 h., e sábado 23 de abril de 10:30 a 14 h.

Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes


 

Con esta iniciativa, habitual entre bibliotecas, ofrécese ahora ao público en xeral a posibilidade de conseguir exemplares dalgúns dos catálogos das exposicións e publicacións do Museo de Belas Artes, que se poderán recoller na propia biblioteca a cambio de contribuír coa achega doutros catálogos ou publicacións relacionadas coas áreas temáticas da nosa biblioteca (arte, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía, didáctica...).

 


Boletín do Museo de Belas Artes da Coruña


Con motivo da recente presentación do Boletín do Museo de Belas Artes da Coruña, incluiránse tamén nas actividades de BookCrossing e Intercambio de publicacións exemplares do primeiro número monográfico "Arte e Emocións".

 
 

“IV Centenario da morte de Cervantes”




Lugar: Sala 4 do Museo de Belas Artes

Data: 22 de abril de 2016 e ata fin de ano

Hora: horario de apertura do Museo

Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes

Dentro da programación da homenaxe do Museo de Belas Artes da Coruña en torno á figura de Cervantes e o Quixote, a biblioteca mostra na sala 4 do Museo unha escolma de libros de temática cervantina pertencentes ao seu fondo bibliográfico.

 



Museo de Belas Artes da Coruña. Biblioteca
Zalaeta, 2. 15002 A Coruña
T. 881 881 700
mu.belas.artes.biblioteca@xunta.es

Síguenos na páxina webfacebook  y twitter (@MuseoBelasArtes)

Museo, noticias

ACÉRCATE

Visitas escolares

Recorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.