Museo
buscar



EXPOSICIÓNS / ACTUAL

Alfonso Sucasas Alfonso Sucasas



O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a exposición dedicada á obra do artista Alfonso Sucasas, cunha lectura da súa obra a través de novas liñas de interpretación do seu traballo e co fin de coñecer mellor os postulados desde os que pintaba, os seus intereses e as súas inquedanzas.



Un percorrido pola temática e a iconografía do artista
A exposición repasa os temas e a iconografía do artista, analizando o que pode haber detrás deles. A mostra nace a partir dunha nova análise duns datos biográficos obxectivos, dunha revisión dos xuízos aceptados como comúns, das palabras do artista en entrevistas, cartas etc..., do estudio da súa obra e do rescate dalgúns traballos ata agora pouco valorados. 

Neste sentido, a exposición repasa a temática da obra do artista e a súa iconografía, cun destacado protagonismo dos mitos, da relixión, dos personaxes e da condición humana.



Hoja de sala (pdf)


Visitas guiadas

-Público xeral: os sábados a partir do 13 de xaneiro de 2018, ás 18:30 horas. Cómpre presentarse na recepción do museo cinco minutos antes.

-Grupos: atenderánse con cita previa e as visitas comenzarán o día 16 de xaneiro de 2018 (horario de martes a venres)

-Visita para os Amigos da Asociación, a cargo do comisario da exposición, o 18 de xaneiro de 2018, ás 19:00 horas


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.