Museo
buscar



EXPOSICIÓNS / ACTUAL

Pinceladas ocultas Pinceladas ocultas



A exposición monográfica Pinceladas ocultas mostra o proceso de restauración da obra Arrepentimento de San Pedro de Francisco Collantes, pintor español de escola madrileña barroca do século XVII. Por mor dun exame radiográfico levado a cabo durante a restauración da obra revelouse a existencia dunha diferente iconografía debaixo da que se percibe a primeira ollada. Coa axuda de diversos óleos, gravados e documentación orixinal relacionada coa súa temática e contexto histórico, así como fotografías e vídeos, na mostra nos explica o proceso de restauración ao que foi sometida a obra, así como o estudio iconográfico da mesma, tanto da representación actualmente visible como da oculta.

Grazas á colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da Unidade de Arqueometría RIAIDT (Rede de Infraestructuras de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico) e da Fundación Rof Codina, foi posible o descubrimento iconográfico baixo a capa visible de pintura. Este feito, xunto coa labor de documentación e restauración do equipo técnico do museo, supuso o xerme deste interesante proxecto expositivo co que se mostra o resultado final mediante contidos  didácticos e ilustrativos para coñecemento e deleite de todo aqueles públicos que se acheguen a visitala.

Como apoio á explicación iconográfica do cadro e da iconografía oculta, expóñense obras traídas do Museo Nacional del Prado e da Biblioteca Nacional de España.




VISITAS GUIADAS

O Museo de Belas Artes organiza visitas guiadas á exposición:


- Visitas libres

Datas:Sábados, a partir do 19 de outubro de 2019

Horario: ás 18:30 horas


- Grupos organizados:

Datas: desde o 15 de outubro ao 13 de decembro de 2019

Número de persoas: máximo 25 persoas, mínimo 15 persoas

Horario:

mañás: mércores e venres ás 11:00 horas

tardes: martes e xoves ás 18:30 horas

Solicitude: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.