Museo
buscar



EXPOSICIÓNS / ACTUAL

SOROLLA ÍNTIMO. Bosquexos da serie Visión de España SOROLLA ÍNTIMO. Bosquexos da serie Visión de España







SOROLLA ÍNTIMO

BOSQUEXOS DA SERIE VISIÓN DE ESPAÑA


Do 6 de outubro ao 8 de xaneiro de 2016



A exposición Sorolla íntimo. Bosquexos da serie Visión de España chega ao Museo de Belas Artes da Coruña, tras mostrarse na sede da Fundación Bancaja de Valencia e nos Museos de Alicante e Castellón. Organizada pola Generalitat Valenciana e a Fundación Bancaja coa colaboración da Hispanic Society of America, mostra por primeira vez ao público 32 bosquexos que Joaquín Sorolla (Valencia 1863-Cercedilla 1923) realizou como preparación para a súa obra Visión de España, un dos traballos máis esixgentes da súa carreira e dos proxectos máis importantes que culminou en 1919, e que estaba composto por catorce paneis monumentais sobre as rexións de España que o artista pintou para a biblioteca da citada institución neoiorquina.

Esta colosal creación é froito da estreitaa relación que mantiveron Joaquín Sorolla e o hispanista norteamericano Archer M.Huntington –fundador da institución mencionada- a raíz de visitar este último a exposición monográfica de Sorolla en Londres en 1908.

Así, durante casi unha década -entre 1911 e 1919- Sorolla viaxou por toda a xeografía española captando in situ la luz, as cores, os costumes, as tradicións, as festas e o traballo das diferentes rexións recreando nos seus lenzos unha visión fundamentalmente plástica e moi persoal de España.

O resultado de todos estes anos de traballo foi un conxunto de debuxos e gouaches, que permite asomarse ao propio proceso creativo e coñecer as diversas composicións parciais que, combinadas e superpostas entre sí, serviron para construir a complexidade e monumentalidade dos paneis finais. Grazas a estes bosquexos e á correspondencia mantida durante o seu percorrido por España entre Sorolla, seu amigo Pedro Gil Moreno de Mora e a esposa do pintor, quedan de manifesto as súas dúbidas, os seus cansancios e as súas reflexións sobre a descomunal empresa.

Pero, xunto ao interese artístico e monumental que os propios bosquexos lle aportan á exposición, na súa sede coruñesa a mostra cobra un sentido especial porque se complementa co excelente lenzo, propiedade do Museo de Belas Artes,
O boieiro castelán, un dos traballos preparatorios que fixo noseu percorrido por Castilla para acometer o inmenso panel de La fiesta del pan en Castilla, o que ademais suporá unha magnífica oportunidade para poder contextualizar a obra que se exhibe nas salas da exposición permanente do museo; así como outros dous lenzos de tema galego que reforzan a significación e a presencia que tivo Galicia na obra do pintor, Gaitero gallego e Tipo de Galicia,  e que tamén foron realizados durante a súa estadía en Vilagarcía de Arousa, onde se instalou en 1915 para pintar La romería, un dos paneis encargados por Huntington.


A mostra complementarase cun programa de visitas guiadas.

 

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.