Museo
buscar


CAROLINA GONZÁLEZ ABAD NA MEMORIA

En 2004, Carolina González Abad, atendendo aos seus desexos e aos do seu esposo, don Manuel Santiago Blanco, facía unha importante doazón ao Museo de Belas Artes da Coruña. Entregaba unha magnífica colección de arte, reunida coa paixón e sensibilidade dun coleccionista entusiasta, e na que chegarían a estar representados as máis diversas técnicas e estilos da arte contemporánea. Con ela, os fondos do museo víronse en gran modo enriquecidos, ao achegar obras de novos autores e completar moitas das lagoas existentes na súa colección permanente.

Por tal motivo, dende a dirección do Museo e en nome de todo o seu equipo, quero transmitir o noso afectuoso recordo e expresar a gratitude mais sincera á memoria desta muller, cuxa xenerosidade e altruísmo supuxo unha inestimable achega non só a esta casa, senón tamén ao acervo cultural de todos os galegos e afeccionados á arte en xeral. Grazas a xestos como este, as institucións podemos seguir contribuíndo non só ao fomento da creatividade, senón tamén ao achegamento e desfrute público do noso patrimonio.

Ángeles Penas Truque, directora do Museo de Belas Artes da Coruña

Con motivo da doazón feita por Dona Carolina González Abad no ano 2004, o Museo de Belas Artes presentou a colección completa nunha exposición temporal. Ademais publicouse naquela data un catálogo razoado de toda a obra, realizado polos técnicos do museo.


A DOAZÓN                 A EXPOSICIÓN                 O CATÁLOGO               GALERÍA DE IMAXES
































ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL, 
Retrato de dona Carolina González Abad


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Carolina González Abad

A doazón

A exposición

O catálogo

Galería

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.