Museo
buscar



DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2010

O pasado 18 de maio celebrouse o Día Internacional dos Museos, co lema “Museos para a harmonía social”. Desde o Museo de Belas Artes compartimos plenamente esta mensaxe, pois consideramos que este centro debe ser un lugar de encontro de persoas de todos os lugares, razas, culturas e condicións, no que se fomente o diálogo, a tolerancia, o pluralismo e a solidariedade, a través da arte e da cultura.

No Museo de Belas Artes tivemos a sorte de poder celebrar este día cos nosos amigos de primeiro curso de primaria do CEIP Pedro Barrié de la Maza, de Mondego (Sada). Xuntos coñecimos moitas das obras de arte do museo, e despois fixemos unha actividade que consistiu na confección, a través de letras pintadas, do lema do día dos museos deste ano. Desde o museo agradecemos a colaboración dos rapaces e, sobre todo, o seu talento e creatividade. Velaquí o resultado da actividade:

volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.