Museo
buscar



EXPOSICIÓNS / HISTÓRICO


Tino Grandío. Pintando coas brumas

Tino Grandío. Pintando coas brumas
Esta exposición supón un achegamento á obra de Tino Grandío en relación coa arte e os artistas da súa época, en case catro décadas de traxectoria artística. A través dos 59 óleos expostos realizaremos un percorrido pola obra de Grandío (retratos, paisaxes, animais, etc.) á vez que podremos comparar a súa temática e o seu estilo con artistas como Luís Seoane, Laxeiro, Pesqueira, Xesús Corredoyra, etc. A exposición consta de catro seccións: Saídas expresionistas e figuración lírica, Abstracción frente a figuración, A estética do gris e A luz como poética. O labor pictórico de Grandío dificilmente soporta etiquetas estilísticas, a súa paleta limitada, mínima, a base de grises, a súa temática variada e a ambientación irónica pero tamén lírica, ensoñadora, fan del un artista único, inclasificable no panorama artístico español. Aínda así na súa pintura podemos rastrexar as pugnas da arte desa época: abstracción e figuración, expresionismo e figuración lírica, a luz como elemento pictórico.
+info

OBRAS

FICHA TÉCNICA

Data

Do 2 de decembro de 2005 ao 26 de febreiro de 2006

Comisario

José Manuel López Vázquez y Juan Manuel Monterroso Montero

Organiza

Museo de Belas Artes da Coruña

Lugar

Salade exposicións temporais do museo

Catálogo

Si

Autor/es

ACHÉGATE

Colección do museo

Visítamos e descubre a colección do museo

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.