Museo
buscar



EXPOSICIÓNS / HISTÓRICO


A cidade pracenteira. Da verbena ao cabaré

A cidade pracenteira. Da verbena ao cabaré
A exposición ofrece unha visión de cómo os artistas plásticos españois (con especial fincapé dos galegos) reflectiron desde as últimas décadas do século XIX ás primeiras do XX os cambios motivados polo forte desenvolvemento de tipo social, económico e cultural experimentado polas cidades, cada vez máis modernas, lúdicas e cosmopolitas. Dito crecemento sería causa e efecto dunha imparable diáspora protagonizada pola poboación rural en dirección a elas. Un centenar de obras, entre óleos, debuxos, acuarelas e litografías, ilustrarán este discurso para describir os espacios, ambientes, tendencias e manifestacións que expresaron as novas formas de disfrute do ocio na cidade: desde os escenarios urbanos (o parque, a praia, o bulicio das rúas, etc.), pasando polo cartel como difusor dos distintos eventos como bailes, feiras, concursos hípicos ou a promoción turística; os ambientes nocturnos (salas de baile, o carnaval, o teatro, o casino, os cafés); a vida cotiá (o cine, o automóbil, o percorrer diario dos seus habitantes, etc.), a verbena e o cabaré.
+info

OBRAS

FICHA TÉCNICA

Data

Do 19 de decembro de 2006 ao 25 d febreiro de 2007

Comisario

Javier Pérez-Rojas

Organiza

Museo de Belas Artes da Coruña

Lugar

Sala de exposicións temporais

Catálogo

Si

Autor/es

ACHÉGATE

Colección do museo

Visítamos e descubre a colección do museo

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.