Museo
buscar



EXPOSICIÓNS / HISTÓRICO


Carlos de Haes no Museo del Prado

Carlos de Haes no Museo del Prado
Esta mostra xurde a partir da revisión profunda e sistemática que o Museo del Prado está levando a cabo dos seus fondos do século XIX, centrándose neste caso na figura do pintor belga Carlos de Haes (1826-1898), un dos mestres da paisaxe do século XIX en España. Reúnese aquí a máis ampla e selecta antoloxía da paisaxe realista española, nun amplo conxunto de pinturas pertencentes ao Prado gracias á xenerosa doazón realizada na súa maior parte polos seus discípulos en 1899 trala morte do mestre. Nesta exposición pódese apreciar o papel de Haes como impulsor da transformación do xénero paisaxístico, no que introduciu unha visión completamente nova de interpretar a natureza que abriría os camiños das novas conquistas estéticas na pintura de paisaxe das últimas décadas do século. Esta mostra inscríbese dentro do Prado Itinerante, un ambicioso programa de exposicións temporais que pretende dar a coñecer as coleccións do museo en toda a súa extensión e variedade polas diferentes Comunidades Autónomas do Estado (www.museoprado.es). A mostra acompáñase dun catálogo razoado de toda a obra de Carlos de Haes pertencente ás coleccións do Prado.
+info

OBRAS

FICHA TÉCNICA

Data

Do 15 de decembro de 2004 ao 6 de marzo de 2005

Comisario

Organiza

Museo nacional del prado

Lugar

Sala de exposicións temporais do museo

Catálogo

Si

Autor/es

ACHÉGATE

Colección do museo

Visítamos e descubre a colección do museo

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.