Museo
buscar



FIN DE CURSO

Xa rematou o curso. Á hora de facer balance, descubrimos que case oito mil alumnos de diferentes centros da comarca da Coruña e doutros lugares de Galicia viñeron ao museo durante este tempo. Comezamos alá polo mes de outubro do ano pasado, e case sen decatarnos chegamos a xuño. Durante este tempo viñeron a nos visitar grupos moi variados, desde os tres anos ata os dezaoito, cubrindo todos os niveis da educación formal; a todos eles ofertámoslles unha serie programas educativos diferenciados, co obxectivo de que a visita fora axeitada á súa idade. Unha programación que pretendemos renovar cada ano para que cada a visita ao museo sexa de cada vez unha experiencia nova.

Normalmente os educadores dos museos cavilamos sobre a importancia da visita dos grupos escolares ao noso centro, marcámonos obxectivos ambiciosos e tentamos que o persoal docente se involucre na programación do centro. Porén, sendo isto moi importante, o que realmente valoramos é que os rapaces, auténticos protagonistas da visita, gocen da experiencia pedagóxica. Unha faciana de sorpresa ante un cadro, un sorriso despois dunha historia, unha man erguida que desexa opinar, un aceno de orgullo ante o traballo realizado...

Desde o museo queremos que esta pequena semente que plantamos agrome nun futuro, para que estes rapaces que hoxe nos visitan desexen seguir acudindo ao Museo de Belas Artes e a outras institucións culturais xa de adultos.

Moitas grazas a todos, agardámosvos o curso que ven.

CEIP A Rabadeira CEIP A Rabadeira Mural 2ºC - CEIP A Rabadeira
CEIP Curros Enriquez CEIP Curros Enriquez CPI Pontecarreira
CPI Pontecarreira CEIP de Mondego CEIP de Mondego
Gardería deleg. de Facenda As cores da natureza As cores da natureza

volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2013-2014

infantil (.pdf)

primaria (.pdf)

ESO / BACH (.pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.