Museo
buscar



EXPOSICIÓNS / NOTICIAS

01/04/2015

O primeiro Picasso. A Coruña 2015: catálogo da mostra

Editado con motivo  da exposición  celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picassso, a comprendida entre 1891 e 1895, estudiando con detalle as experiencias e as ensinanzas colleitadas neses anos cruciais para poder comprender dun xeito máis profundo a repercusión que tivo a súa obra. Presenta dez seccións cos correspondentes textos que explican o contido da mostra xunto coas imaxes das obras expostas.

Os textos foron realizados pola comisaria Malén Gual e outros especialistas como Xosé R. Barreiro, X. Antón Castro, Rafael Inglada, Marilyn McCully, César Antonio Molina,  Elena Prado, Eduard Vallès e Rubén Ventureira.

Complétase cunha bibliografía xeral, a catalogación catalográfica das preto de máis de 200 obras que forman parte da mostra, e e a tradución dos textos ao inglés.


Características da publicación

 Formato: 24 x 28,5 cm
 Páxinas:  472
Edición bilingüe:
galego /i
nglés  ou castelán/inglés
Encadernación: rústica

ISBN castellano: 978-84-453-5177-2

ISBN gallego: 978-84-453-5178-9

 P.V.P.:   40,00 Euros

 

Índice

Presentación
 Ángeles Penas Truque

Directora do Museo de Belas Artes da Coruña

Textos
Malén Gual  Introducción

Xosé R. Barreiro Fernández  Contexto histórico

Elena Prado  Formación Académica

Elena Prado y Rubén Ventureira  Bestiario

Rubén Ventureira  Periódicos e caricaturas

X. Antón Castro  Costumbrismo e paisaxes

Rafael Inglada  Cadernos

Eduard Vallés  Familia

Marilyn McCully  Retratos

César Antonio Molina  Morriña

Rafael Inglada  Cronoloxía

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.