Museo
buscar



O MAR NO MUSEO



Nivel Educación Infantil (5 anos)

Duración 1h 30 min.

Obxectivos

- Coñecer os diferentes aspectos do mundo mariño: o mar, a fauna, os elementos que compoñen a paisaxe e a interacción humana co medio.

- Descubrir, a través da observación da obra de arte, escenas nas que se está a desenvolver unha acción, e nas que o protagonista é o mar

-  Fomentar a observación, o descubrimento e a interpretación de imaxes a través do contacto directo coa obra de arte.

- Promover a creatividade do alumnado de educación infantil co fío conductor dun tema tan apaixonante para eles como é o mar, tendo en conta os seus elementos reais e tamén fantásticos.


Desenvolvemento da actividade

Este percorrido é unha alternativa para os centros que xa visitaron o museo en Educación Infantil que queiran repetir visita neste nivel educativo, e tamén para todos aqueles que estén interesados na temática do mar e na súa representación na arte.
O mar é unha temática moi común dentro da nosa colección. Nas salas do museo podemos atopar moitos cadros de diferentes épocas e estilos que fan referencia ao mundo mariño: océanos, praias, cantís, mariñeiros, nenas que xogan á beira do mar, mariscadoras, barcos,  polbos, sereas... 

Neste percorrido queremos que o alumnado de educación infantil descubra con nós a relación entra a arte e o mar, a través das creacións de artistas como Urbano Lugrís (Mariña surrealista), Luís Seoane (As mariscadoras), Francisco Lloréns (Costas galegas, Ría de Mera), Paco Pestana (Nora para xentís peixes e xentís sonos), etc. Obras que teñen como vencello común a representación do mar e dos diferentes elementos asociados ao mundo mariño.

Partindo da observación da obra de arte, falaremos dos diferentes elementos das paisaxes de costa e da fauna mariña, escoitaremos os sons do mar, coñeceremos os traballos das mariscadoras e mariñeiros, e contaremos historias dos mundos fantásticos que se agochan nos fondos do océanos.

A visita inclúe un obradoiro  no que os rapaces e rapazas terán que completar un álbum de cromos con cadros do museo, e debuxar cada un a súa interpretación persoal dos mundos mariños.

volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.