Museo
buscar



AS MULLERES DO MUSEO


Tipo de Visita Visita comentada

Nivel 1º, 2º, 3º e 4º ESO

Duración 1 h 20 min.

Obxectivos

- Achegarse a unha visión da historia da arte na que as mulleres son protagonistas, a través das súas representacións e dos significados das obras.
- Coñecer as dificultades que as mulleres tiveron ao longo de tempo para ser recoñecidas profesionalmente como artistas.
- Descubrir exemplos de mulleres artistas da antigüedade e da contemporaneidade
- Relacionar a arte con outros eidos culturais como a literatura
- Reflexionar sobre moitas das mensaxes, non sempre explícitas, que as imaxes nos envían
- Promover valores como a igualdade e a non discriminación por razóns sociais, raciais ou de xénero
- Fomentar o debate e a reflexión en temas sociais que nos afectan a todos e todas


Desenvolvemento da actividade

Que papel xogan e xogaron as mulleres no mundo da arte? Esta será a cuestión fundamental que nos servirá como fío conductor e punto de arranque da visita. 
Centrarémonos en dous aspectos distintos: o papel da muller como obxecto artístico e o papel da muller como creadora.

Comezaremos o noso percorrido observando distintas obras onde veremos a representación da muller e reflexionaremos sobre a evolución que a súa imaxe tivo desde a antigüedade ata a actualidade. Pasaremos polas representacións relixiosas de María Magdalena (símbolo do pecado) e a Virxe María (símbolo da virtude), veremos retratos de mulleres insignes da nobreza e a monarquía durante a idade moderna, percibiremos a ampliación do universo feminino durante o século XIX, reflexionaremos sobre a evolución da moda e o que isto trouxo consigo (a aparición das femme fatales, do look ao garçon, a chegada do pantalón ao armario feminino, etc), descubriremos a identificación da muller galega coa terra por parte dos pintores renovadores, e falaremos dos cambios, relativos, que supuxeron as vangardas artísticas na visión e a representación da muller. 

Traballaremos tamén co papel da muller como artista na historia da arte e a súa evolución. Cantas mulleres artistas coñeces?, cres que na actualidade a muller ten, no eido creativo, as mesmas oportunidades que o home?, podemos falar de estética masculina e feminina na arte?, que papel xoga o mundo da publicidade no xeito de entender a representación da muller? Reflexionaremos e debatiremos sobre todas estas cuesitóns que irán aparecendo ao longo do noso percorrido.

Esta visita conta coa opción de facer un obradoiro ao rematar o percorrido polo museo. Se os centros escolares así o piden, ao rematar o percorrido polo museo os rapaces e rapazas, divididos en grupos, realizarán un mural adicado a algunha das artistas máis senlleiras da plástica galega e universal.

volver


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.