Museo
buscar



OS TRES LIMÓNS

Durante a última semana de novembro de 2010, a compañía de teatro GALITOON representou no museo o obra Os tres limóns, inspirada nos cadros e na vida de Luis Seoane. Foron moitos os rapaces e rapazas que pasaron durante estes días polo museo para gozar das aventuras destes tres limonciños. Agradecémoslles o seu interese aos alumnos e profesores dos colexios Montegrande, Víctor López Seoane, Montel Touzet, Zalaeta, Manuel Murguía, Fogar de Carballo, Ría do Burgo, Ramón de la Sagra, Bergantiños, Galán, Sanjurjo de Carricarte, Eusebio da Guarda e Curros Enríquez, así como a toda a xente que se achegou á función do sábado, invitándolles a que sigan participando nas actividades educativas do museo. Tamén agradecemos á compañía GALITOON a alta calidade da súa obra e profesionalidade dos seus membros.

A continuación reproducimos algunhas fotografías tomadas durante estas representacións.
Así falaban as vellas mmm, que tramarán estes limóns? Vaia polbos tan malvados
Osa, Iño e Apo saen de viaxe Máxima expectación O encontro cos mariñeiros
Maruxa e Luis O fin Os actores de Galitoon

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.