Museo
buscar



Énchete de cor !

Durante o mes de xullo de 2011 nenos e nenas de 6 a 12 anos levaron a cabo un obradoiro de verán no museo no que achegáronse ás artes plásticas a través de diversos xogos e actividades didácticas.

Agradecémoslles aos rapaces e aos seus pais o seu interese mostrado neste obradoiro de verán e invitámoslles a que sigan participando nas actividades educativas do museo. Tamén agradecemos a Luis Cousillas de Crearte a súa boa disposición e profesionalidade no desenrolo da actividade e na atención aos nenos.

Confiamos en que pasedes a visitar na sala de exposicións temporais as obras realizadas polos nenos no taller, que se amosarán ao público en xeral durante todo o mes de agosto de 2011.

A continuación reproducimos algunhas fotografías tomadas durante estos obradoiros.
As árbores do museo e outra forma de velos... a crear!
...pouco a pouco... e coas ferramentas adecuadas... mans á obra!
e agora a pegar os debuxos no muro ...e listo! xa podedes vir velos!!

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.