Museo
buscar



LUÍS SEOANE, As mariscadoras (1969)





As mariscadoras de Luís Seoane é un cadro co que traballamos no percorrido Descubrindo o museo (ed. infantil)

Ante este cadro presentamos a forma de traballar de Seoane, un pintor que pinta "do revés", pois primeiro colorea -cores vivas, alegres, contrastadas- e despois debuxa, sempre con grandes trazos de cor negra.

Despois falamos do tema do cadro, no que aparecen catro mariscadoras apañando marisco nunha praia. Os pequenos identifican ás mulleres, o mar, a area e descubren a actividade que están a realizar estas catro mulleres.

Ademais, ante este e outros cadros de Seoane contamos un pequeno conto, a historia do que lles aconteceu ás mariscadoras o día que unha gran onda as pillou distraidas.


RECURSOS
EDUCATIVOS





ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.