Museo
buscar



VISITA XERAL AO MUSEO


Tipo de Visita Visita comentada

Nivel Bacharelato

Duración 1 h 20 min



Obxectivos

- Presentar de xeito global os diferentes xéneros e estilos artísticos que comprende a colección do museo, coñecendo como evolucionou o mundo da arte ao longo do tempo

- Dar a coñecer o museo lugar de conservación e difusión da arte e da cultura en xeral

- Aprender algúns conceptos artísticos que teñen que ver coa perspectiva, a luz, as cores, os temas representados, etc

- Fomentar as opinións persoais e o gusto estético a través da observación e o diálogo da peza artística

Desenvolvemento da actividade

Para os alumnos de Bacharelato propoñemos unha visión xeral da colección do museo, visitando todas as salas e coñecendo obras de diferentes épocas e estilos, desde o renacemento e barroco, ata as vangardas e a abstracción. Cos alumnos de Historia da Arte de segundo curso, e aqueles que estean a cursar o Bacharelato de artes, afondaremos nos conceptos artísticos e nos diferentes estilos e significados da colección do museo, sendo a visita ao museo un complemento moi interesante para completar os contidos da aula, especialmente para os alumnos da materia de Historia da Arte.

A colección do museo permite coñecer algúns exemplos da pintura do XVI, principalmente de pintura relixiosa. A través de obras como A virxe do leite (Anónimo), A Sagrada Familia de Juan de Juanes ou Ecce-Hommo de Luís Morales, veremos obras propias do tempo do Renacemento, cadros que buscan a proporcionalidade, o minucioso estudio da perspectiva, a harmonía e a beleza, como herdeiros do ideal clásico que son.

Na sala do barroco coñeceremos a importancia que tiña o xénero mitolóxico, descubrindo as obras de Rubens e a súa escola, e tentaremos descifrar as mensaxes ocultas que se agochan en obras como Os xogadores de cartas. Subliñamos o interese daquela época na arte relixiosa, comentando cadros de gran formato que antes decoraban as igrexas. Partindo destes cadros, comprobamos o que ten de efectista e teatral a pintura barroca, os claroscuros, a riqueza de cores, o dramatismo das escenas, a complexidade das composicións...

Neste percorrido comprobaremos evolución do retrato ao longo do tempo. Como reflicten ás elites sociais de cada época -da aristocaracia á burguesía, e como evolucionan as modas e o xeito de pintar, pasando dunha pintura moi preocupada pola representación minuciosa dos detalles a outra no que vai interesar máis reflectir a personalidade do personaxe retratado.

Seguindo a evolución da arte, veremos a arte do XIX, co romanticismo, o realismo e o xurdimento da arte rexionalista, que terá excelentes exemplos na pintura de paisaxes e no costumismo. Posteriormente,  veremos como xurde un grupo de artistas vinculados a arte de vangarda coñecidos como Os Renovadores, figuras moi importantes da plástica galega como Luís Seoane, Manuel Colmeiro, Laxeiro ou Carlos Maside, entre outros. Finalizaremos o percorrido vendo as novas tendencias da arte xurdidas nas últimas décadas do século XX.


volver



ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2014-2015

infantil (.pdf)

primaria (.pdf)

ESO / BACH (.pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.