Museo
buscar



AS CORES DA NATUREZA



Nivel Atención a diversidade (enfermos de Alzeihmer, axuda a drogadicción, integración de emigrantes, grupos de discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais...)

Duración 1h 30 min.

Obxectivos

- Refrozar as capacidades sensoriais a través dos materiaIs, as formas e as cores.

- Descubrir, a través da observación da obra de arte, os diferentes elementos que componen as paisaxes.

-  Coñecer as diferentes ferramentas que se empregan no proceso creativo das artes plásticas.

- Promover a creatividade do alumnado partindo da temática da natureza, experimentando con diversos materiais e texturas.

- Desenvolver unha actividade creativa, didáctica e de lecer nun entorno diferente e suxestivo para os participantes como é o museo



Desenvolvemento da actividade

A natureza ten unha gran relación co mundo da arte, non só como tema e fondo de inspiración dos artistas a través do xénero da paisaxe, senón tamén como fonte de recursos onde os artistas -sobre todo os escultores- atopan os materiais necesarios para a creación das súa pezas.

Nunha actividade moi flexible -dependendo da idade e das capacidades do grupo que nos visite-, tomamos a natureza como fío condutor da visita ao museo, descubrindo, observando e comentando entre todos diferentes cadros de paisaxes de diferentes épocas e estilos: Costas galegas. Ría de Mera de Lloréns, Xardíns de Cuernavaca de Arturo Souto ou a Paisaxe de Urgell.

Tamén utilizaremos neste percorrido outros cadros nos que a natureza enmarca unha acción que están a desenvolver os personaxes protagonistas do cadro, como A Caída de Ícaro, O Boieiro castelán ou As Mariscadoras.

Partindo da colección de escultura do museo, comprovaremos como para crealas empregamos diferentes materiais que teñen as súas propias características e técnicas: madeira (Xigante), pedra (Nú con peixe, maternidade, metal (Nú andando), terracota (A parva), técnica mixta (Nora para xentís peixes...).

Para finalizar a actividade realizaremos un obradoiro na que os participantes terán que crear a súa propia paisaxe empregando diferentes elementos da natureza como algodón, barro, carbón, cortiza, follas, etc.

volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Propostas educativas 2014-2015

infantil (.pdf)

primaria (.pdf)

ESO / BACH (.pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.