Museo
buscar



MITOLOXÍA E ARTE

A mitoloxía clásica foi, durante moitos séculos, unha fonte moi importante de inspiración para os artistas, que deu lugar a un xénero artístico propio.

Reis e nobres encargaban grandes cadros e esculturas de xénero mitolóxico para decorar os grandes salóns e xardíns dos seus palacios.

Estes cadros e esculturas presentan personaxes e contan historias, feitos extraordinarios e fantásticos recollidos na literatura clásica: a Ilíada, a Odisea, as Metamorfoses...

As  fazañas dos deuses e heroes narradas nestas pinturas servían, moitas veces, de exemplo de comportamento, e en ocasións tamén de advertencia. Son cadros que ofrecían pequenas leccións para a vida.


HÉRCULES É CHAMADO POLOS DEUSES

No cadro A apoteose de Hércules, de Jean Baptiste Borrekens, aparece representada a ascensión ao Olimpo dos deuses de Hércules. Grazas ao heroismo amosado en multitude de episodios da súa vida, Hércules foi invitado a compartir morada cos deuses e convertirse nun deles. Como chegaría Hércules ao Olimpo?  +INFO



DÉDALO E ÍCARO NO CEO

A caída de Ícaro representa o episodio no que o protagonista está a caer poruqe as súas ás se desfixeron cando se achegou demasiado ao sol. O seu pai, ao que Ícaro desobedecera con anterioridade, observa con preocupación a escena. Que fan estes dosus personaxes no aire, e por que poden voar? +INFO




CUPIDO NAMORADO

No cadro O amor durmido aparece representado Cupido, o deus do amor, como un mozo que está a durmir. Na imaxe non observamos á outra protagonista da historia, a súa namorada Psique, que está a piques de cometer un gran erro. Que pasaría entre eles dous? +INFO




ULISES DESCUBRINDO A AQUILES

Aquiles descuberto por Ulises conta unha historia que acontece antes da guerra de Troia, na que Aquiles e Ulises serán grandes protagonistas na victoria dos gregos sobre os troianos. Mais, que fará Aquiles, vestido como unha muller, escondido nun palacio de princesas? +INFO



volver



ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

A apoteose de Hércules

Ficha didáctica

A caída de Ícaro

Ficha didáctica

O amor durmido

Ficha didáctica

Aquiles descuberto por Ulises

Ficha didáctica

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.