Museo
buscar



BREVE HISTORIA DO MUSEO

A iniciativa de facer un Museo de arte na Coruña xurde a finais do século XIX.

Houbo que agardar a 1922 para asistir á creación oficial do Museo, sen un emprazamento fixo naqueles anos.

Retrato de Don Ángel del Castillo (Fernando Álvarez de Sotomayor)Grazas á acción de personaxes destacados como Ángel del Castillo –primeiro director do centro- foise formando a colección do museo coa adquisición dos primeiros cadros e esculturas.

 En 1938, por iniciativa do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor, cédese parte do Edificio do Consulado do Mar para albergar a colección do Museo de Belas Artes, compartindo o edificio coa Real Academia de Belas Artes e a Biblioteca do Consulado.

En 1947 o museo abre as portas ao público por vez primeira.

No edificio do Consulado a colección foi acrecentándose a través de doazóns, depósitos e adquisicións propias.

Nos anos oitenta é catalogado como Museo de titularidade estatal, e comeza a recibir un orzamento regular do Ministerio de Cultura.

Edificio do Consulado da CoruñaDebido ao crecemento da institución, o vello edificio da rúa Panadeiras foise quedando claramente insuficiente ante a necesidade de termos na cidade un Museo moderno, que ofrecera as mellores condicións de exposición, de conservación e de seguridade. 

A mañá do 16 de setembro de 1985 foron roubadas dúas obras de Rubens dunha das salas da antiga sede (finalmente recuperadas e hoxe en día expostas), deixando en evidencia que era necesario construír un novo edificio para o museo.

Decidiuse a edificación dun novo museo, moi preto de onde estaba o antigo. O encargo recaeu no prestixioso arquitecto Manuel Gallego Jorreto (que acadou o premio Nacional de Arquitectura co seu proxecto). 

Entrementres, a Xunta de Galicia asumiu a xestión do museo no ano 1989, dentro do programa de cesión de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura.

O novo edificio foi finalmente inaugurado en 1995. Máis de 5000 metros cadrados con todo o equipamento necesario para o  desenvolvemento dun proxecto museográfico moderno.

O edificio no que se combina a arquitectura do vello convento das Capuchinas –en parte recuperado- co edificio de nova planta, no que predomina o uso do granito, o cristal e a madeira, creando así un novo fogar para unha colección que non deixou de medrar en cantidade e calidade






volver


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.