Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

10/04/2014

REAPERTURA DA SALA DE SARGADELOS

PRESENTACIÓN DA RENOVADA SALA DE  LOUZA DE SARGADELOS

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

Lugar: Sala Sargadelos do Museo de Belas Artes da Coruña

Data:   11 de abril de 2014

Hora:   11:00 horas

Participación: Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura (Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia) e Ángeles Penas Truque, directora do Museo de Belas Artes da Coruña.

 

PRESENTACIÓN

O Museo de Belas Artes conta na área de exposición permanente cunha sala onde se exhibe a colección de louza de Sargadelos, a cal estivo pechada nos últimos tempos por motivos derivados de problemas estruturais no edificio.

Esta paréntese temporal foi aproveitada para revisar o discurso museográfico da sala, facendo segundo os casos unha reordenación ou unha nova selección de obxectos co fin de mostrar o amplo espectro de variedades tanto obxectuais como decorativas con que conta a colección do Museo. Pero principalmente, dotouse á exposición dun soporte informativo necesario que facilita o seu seguimento no discorrer evolutivo da produción de Sargadelos. A información preséntase en distintos niveis e compleméntase con imaxes, gráficos ou mapas, ademais de novos soportes tecnolóxicos que se incorporarán nun breve espazo de tempo.

O percorrido na Sala iníciase cunha información xeral distribuída en varios paneis, que contextualizan á Galicia socio-económica dunha época de cambio entre dous séculos (XVIII-XIX), na que Ibáñez encontra os factores idóneos para acometer o establecemento dun complexo industrial. Os paneis tamén ofrecen información da figura do fundador e do seu espírito emprendedor, capaz de marcar unha traxectoria ascendente dende unha actividade comercial e navieira ata a fabril, que desenvolverá no lugar de Sargadelos (Cervo, Lugo). Os últimos paneis esbozan a historia do complexo industrial dende a súa creación e evolución, ao longo das distintas etapas tanto administrativas coma técnicas, ata o seu peche definitivo en 1875. Por último un panel mostra como as marcas tamén sintetizan información sobre as distintas etapas da fábrica.

No interior das vitrinas continúa o discurso museográfico mostrando información en dous niveis distintos, que se corresponde respectivamente coas técnicas de decoración e dentro destas, coa diversidade de series decorativas que se foron desenvolvendo ao longo das distintas etapas de produción.

En breve engadirase ao discurso museográfico información particular sobre unha serie de pezas, á que se poderá acceder mediante unha pantalla táctil que incorporará efectos visuais en formato 3D.

Museo, noticias

ACHÉGATE

Reapertura do Museo desde o 21 de maio de 2020

Prórroga da exposición de Seoane hasta o 20 de setembro de 2020.

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Folleto do museo

(pdf)

Museum brochure

(pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.