Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

12/11/2014

Felipe Criado. Cadaquén que piense lo que quiera
Exposición homenaxe

O MUSEO DE BELAS ARTES INAUGURA A MOSTRA HOMENAXE AO PINTOR FELIPE CRIADO CON MOTIVO DO SEU PRIMEIRO ANIVERSARIO

 

Desde o xoves 13 de novembro ata o 11 de xaneiro do 2015, o Museo de Belas Artes acolle unha mostra coa que pretende rendirlle una sentida homenaxe ao pintor Felipe Criado logo dun ano de deixarnos.

 Aínda que naceu en Xixón e tivo unha nenez condicionada pola vida laboral errática do seu pai, a partir dos oito anos chega a Galicia e instálase coa familia en Ourense e Santiago de Compostela onde inicia os estudos de Medicina, que máis tarde abandona para entrar en contacto co arte. Entra no  taller do escultor Francisco Asorey e seguidamente na Escola de Artes e Oficios de Santiago. En 1954 ingresa na Escola Superior de Bellas Artes de San Fernando onde vai a ter como compañeiros a pintores como Lucio Muñoz ou Antonio López.

En 1967 instálase en A Coruña, onde logra forxar un destacado lugar dentro da plástica coruñesa contemporánea que compaxinará coa labor de docencia no instituto Eusebio da Guarda como catedrático de Debuxo e como muralista. Se como pintor deixou máis de cen obras, na outra faceta podemos contabilizar ata sete murais, algúns de grandes dimensións coma o realizado para o propio instituto no que foi docente, cunhas medidas que rondan os 7 x 3,5 ms no seu conxunto. Precisamente, o  Instituto Eusebio da Guarda, paralelamente ao período en que se exhibe a mostra homenaxe no Museo  de Belas artes, terá abertas as súas portas durante as tardes para brindar ao público a posibilidade de contemplar o mural que  Felipe Criado instalou no interior das súas dependencias.

A exposición no Museo reúne en torno a 36 pinturas, algunhas de gran formato, e outras, son pezas máis pequenas que forman todas xuntas unha especie de mosaico ou gran cadro, no que destacan esencialmente fisonomías diversas e dispersadas por todo o espacio da obra, sen unha ordenación aparente nin tampouco unha obstaculización entre as individualidades que o poboan, de aí o suxerente título que o denomina “Cadaquén que pense o que queira”. O contido da exposición que conta ademáis cunha trintena de debuxos, foi seleccionado polo comisario da exposición Antón Castro que contou   co apoio incondicional da familia do pintor.

Todas elas son obras de diferente signo, creadas nos últimos catro anos da súa vida  sobre diferentes soportes de tipo tela, madeira ou papel.  O repertorio de imaxes que recrea permíten aglutinar unha boa parte das obras en torno ás tres series  Santander, Ponpeianas e Paraugas.

Santander, realizaa a partir dun acontecemento que presencia na infancia, durante a Guerra Civil: o bombardeo da cidade de Santander pola aviación alemana da Lexión Cóndor, e lle causa unha forte impresión que queda gravada na súa retina para o resto da vida. O núcleo desta serie está representado por catro cadros de considerable formato e  unha serie de bocetos con debuxos. Todos están cargados dunha gran expresividade  que  se plasma a través dun trazado rápido, enérxico e un colorido encendido que reflicte a violencia e horror do suceso.  

As outras dúas series (Pompeianas e Paraugas) presentan unha iconografía que pon de manifesto a súa preferencia pola representación pictórica da muller seguindo unhas coordenadas clasicistas pero que, a súa vez,  non supoñen un obstáculo para plasmar unha visión contemporánea do mundo feminino.


Máis información

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.