Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

11/05/2015

CONCERTO ESPECIAL: XOEL LÓPEZ



CONCERTO ESPECIAL "O PRIMEIRO PICASSO"


XOEL LÓPEZ


Venres 15 de maio | 20:30 horas
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
Entrada con invitación
(por sorteo: no Facebook do museo e nas emisoras de radio locais)
Aforo limitado:
non se garantiza asento


Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos e da exposición "O primeiro Picasso. A Coruña 2015", o Museo de Belas Artes da Coruña organiza unha programación especial os próximos días 15, 16 e 17 de maio.

O programa de actividades arranca o venres 15 de maio cun Concerto Especial "O primeiro Picasso", a cargo de Xoel López, como unha actividad promocional da mostra.


Sorteo de entradas:

* O Museo reparte 25 entradas dobles a través da súa páxina de Facebook aos acertantes dunha pregunta sobre a mostra que se publicará de luns a xoves ás 20 horas.

* As emisoras de radio (Radio Voz, Cope, Ser e Onda Cero) reparten 15 entradas dobles.

 
Requisitos dos gañadores:

Os gañadores deberán facilitar o seu nome, apelidos e o DNI, que deberán mostrar no museo o día do concerto para poder acceder xunto cun acompañante.


O concerto:

Xoel López, que en 2013 recibíu o premio ao mellor artista indie polo seu disco Atlántico, regresa a súa cidade natal en solitario e en formato acústico. Avanzará cancións do seu próximo traballo, Paramales, que se publicará o 26 de maio.


Museo, noticias

ACHÉGATE

Reapertura do Museo desde o 21 de maio de 2020

Prórroga da exposición de Seoane hasta o 20 de setembro de 2020.

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Folleto do museo

(pdf)

Museum brochure

(pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.