Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

14/09/2015

ASK A CURATOR | 16 de setembro de 2015



#AskACurator

O Museo de Belas Artes da Coruña participa por primeira vez  en Ask A Curator Day, unha iniciativa en Twitter que ten como obxectivo poñer en contacto a conservadores e comisarios de museos, galerías e salas de exposicións internacionais co público dunha maneira máis próxima.

Este ano celébrase o 16 de setembro e durante a xornada os usuarios de Twitter poden preguntar as súas dúbidas ou curiosidades aos conservadores dos museos participantes: en que consiste o seu traballo, que criterios utilizan para seleccionar as pezas dunha exposición, cal consideran a obra máis importante dos fondos do seu museo?

Para iso débese poñer o hashtag #AskACurator e citar ao museo ao que se dirixen para que lles poidan contestar os conservadores.

O primeiro Ask A Curator tivo lugar no ano 2010 e desde entón vén celebrándose anualmente con gran éxito, contando cunha maior participación de museos cada ano. Na edición 2014 participaron 520 museos de 36 países, entre eles España.

Aquí pódese ver a lista dos museos participantes este ano:

http://www.mardixon.com/wordpress/askacurator-who-to-ask/

 


Museo, noticias

ACHÉGATE

Reapertura do Museo desde o 21 de maio de 2020

Prórroga da exposición de Seoane hasta o 20 de setembro de 2020.

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Folleto do museo

(pdf)

Museum brochure

(pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.