Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

29/04/2016

ARTISTAS NO MUSEO. Presentación da instalación realizada por Mónica Alonso


MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

PRESENTACIÓN Á PRENSA DA INSTALACIÓN REALIZADA POR MÓNICA ALONSO, COA PRESENZA DA ARTISTA 

 

CREAR DENDE AS EMOCIÓNS

Cela amarela cor carne interior: 5 Casos de Arte Confesión

Data: Venres, 29 de abril

Hora: 12:00h

Data: Venres, 29 de abril

Hora: 12:00h

 


Crear dende as emocións foi un obradoiro desenvolvido no marco do ciclo ARTISTAS NO MUSEO, no que os alumnos tiveron a oportunidade de traballar cuestións emocionais persoais a través da expresión artística. Elixiron unha emoción que traballaron ata o seu total coñecemento. Das emocións pasaron aos sentimentos, aos que deron forma. Todos os medios formais son posibles. O traballo de Mónica Alonso pode ser visto como unha expresión de Arte Confesión – creación artística impregnada polos sentimentos mais profundos do seu creador- pasando na actualidade a traballar coas confesións dos outros. Neste caso os outros son os asistentes ao obradoiro. A artista actúa como o confesor que non xuzga. O resultado son 5 proxectos, que ela presenta como casos.

 

Caso 1- O sobre que nunca encontrou.

Caderno: materialización do sobre que nunca encontrou.

Obxecto: cubo de rubik intervido. Dossier: a nai castradora

Caso 2- Medo ao fracaso como artista.

Caderno: O medo ao fracaso como artista. O colibrí amarelo.

Obxecto: colibrí amarelo. Dossier: o medo a …

Caso 3- Localización e transformación dun espazo propio e seguro.

Caderno: Localización e transformación do espazo

Obxecto: maqueta. Dossier: a arte de se sanar.

Caso 4- Sexo, traballando co inconfesable.

Caderno: fantasías sobre o inconfesable.

Obxecto: como un pene e unha palliña te poden levar ao setimo ceo.

Caso 5- Confesión como reivindicación social. O zapato de tacón XXL.

Obxecto: zapatos de tacón. Dossier: tacón XXL ou non tacón XXL

 

Para presentar os Casos ao espectador Mónica Alonso deseña paralelamente unha Cela Amarela Cor Carne Interior. Traballando así coa construcción arquitectónica do lugar propicio para a visualización das emocións, sentimentos e confesións.

Ningún caso está firmado pola súa autora, pode ser de calquera participante, incluído un caso da artista.

 

Por outra banda, as cartelas amarelas que aparecen ao lado de algunhas obras da colección do museo forman parte dos resultados do obradoiro As representacións artísticas como medio para o coñecemento propio. Crear dende as emocións, e os pensamentos que aparecen nelas foron escritos pola artista ao longo dos meses do obradoiro, dando así unha calidade emocional as obras da colección do Museo. Obras estáticas ás que a artista lles atribue sentimentos e emocións.

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.