Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

12/09/2016

BOLSA DE COLABORACIÓN | 2016-2017

12/09/2016

CONVOCATORIA


BOLSA DE COLABORACIÓN | 2016-2017

no Departamento Didáctico do Museo de Belas Artes da Coruña

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña.

O obxectivo desta beca é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmo.

A actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centro.

A bolsa poderase renovar ata un máximo de dous anos.

A concesión da bolsa no suporá ningún tipo de relación xurídico-laboral ou profesional entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración á que este pertence e o/a beneficiario/a da mesma, nin outorgará a este/a ningún dereito laboral ou profesional máis aló do alcance da bolsa.

Bases da convocatoria en http://amigosmuseobbaacoruna.com

Información:
Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes
C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA
Tel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702
amigosmbac@gmail.com
http://amigosmuseobbaacoruna.com

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.