Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

19/04/2017

Bookcrossing no Museo

Día Internacional do Libro

BookCrossing no Museo de Belas Artes da Coruña


Lugar: Planta baixa do museo

Data: 21 - 30 de abril de 2017

Hora: a partires das 12:00h do venres 21 no horario de apertura do museo

Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes


A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará este venres 21 de abril e por sexto ano consecutivo, nunha actividade de "Bookcrossing" ou Campaña de liberación de libros preparada por 57 centros de arte e museos de toda España con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro 2017”.

Os centros aportarán libros e publicacións procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, coa intención de que aquel que os recolla disfrute da súa lectura e volva a liberalos noutro punto distinto. Todos os libros  estarán acreditados con etiquetas, conterán as instruccións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web  de BookCrossing, na que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán  cada exemplar unha vez lido.

A biblioteca do Museo de Belas Artes habilitará un espazo para o Bookcrossing na entrada do museo, onde os interesados poderán consultar e recoller as publicacións aportadas para esta actividade.

O obxetivo desta inciciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo para o fomento da lectura e na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.



Para máis información:


Museo de Belas Artes da Coruña. Biblioteca

Zalaeta, 2. 15002 A Coruña

T: 881 881 700

e-mail: mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal

web: http://museobelasartescoruna.xunta.gal

facebook: https://www.facebook.com/Museo-de-Belas-Artes-da-Coruña-132060186921898/

twitter: https://twitter.com/museobelasartes