Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

15/11/2017

Celebración do Día do Patrimonio

no Museo de Belas Artes da Coruña

 

Xoves, 16 de novembro de 2017

 
O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega para a celebración da Semana do Patrimonio, coincidindo co Día Internacional do Patrimonio Mundial que ten lugar cada 16 de novembro.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Entrada gratuita para todo o público que ao longo do día 16 de novembro visite o museo.

 

O PATRIMONIO DO MUSEO A TRAVÉS DA WEB

A colección do museo pódese consultar a través da páxina web do museo:

http://museobelasartescoruna.xunta.gal

 

FRANCISCO ASOREY E A CERÁMICA CELTA

Na sala 6 do museo atópase unha pequeña selección de pezas da fábrica Cerámica Celta de Pontecesures, entre as que se inclúe a reproducción de ‘O Tesouro’ de Francisco Asorey, comentada no seguinte enlace:

http://museobelasartescoruna.xunta.gal/index.php?id=70&idc=3305

 

Enlace á web do Consello da Cultura Galega:

http://consellodacultura.gal/dia-do-patrimonio-2017.php

 

 


Departamento de Difusión
Museo de Belas Artes da Coruña

Rúa Zalaeta, 2
15002 A Coruña
T 881 881 700 / F 881 881 701
http://museobelasartescoruna.xunta.gal 
mu.belas.artes.difusion@xunta.gal
Síguenos en Facebook y Twitter

 

________________________________________________________________

FRANCISCO ASOREY  E A CERÁMICA CELTA

 


 

O TESOURO

Cerámica Celta. Pontecesures (1925-1963)

Reprodución de “O Tesouro” de Francisco Asorey

1933-1954

Inv. 4837. Colección do Museo de Belas Artes da Coruña

 

 

Esta peza cerámica é unha reproducción da obra en madeira de Francisco Asorey titulada ‘O Tesouro’ realizada en 1924 e presentada na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid onde recibe a 2ª medalla, feito que causou protestas por non recibir a 1ª. A talla foi comprada por un particular polo dobre do valor do premio. Esta obra é un exemplo destacable da escultura rexionalista galega que recupera a liña da imaxinería tradicional para reflectir a esencia do modo de vivir galego.

 

O escultor deseñou o modelo para ser reproducido pola fábrica de Cerámica Celta, encargándose da decoración o artesán Antonio Fabeiro, activo na fábrica entre os anos 1933 e 1954.

 

 

 

Cerámica Celta. Pontecesures (1925 – 1963)

 

Cerámica Celta foi fundada en Pontecesures (Pontevedra) en 1925 coa idea de plasmar nos seus deseños artísticos a cultura tradicional galega tanto da vida mariñeira como do campo. Para esto contou coa colaboración de artistas como Asorey, Castelao, Bonome, José Mª Acuña, Maside, Sesto, M. Torres e Carlos Sobrino que aportaron a súas creacións e bosquexos.

 

Na súa produción, na que tamén houbo pezas de uso cotián como xerras, xogos de café e de chocolate, testos, etc…, incorporou a técnica do vitrificado e as tonalidades das súas cores, moi características, foron moi coidadas polos decoradores da fábrica.

 

As súas pezas vendéronse en Galicia, Latinoamérica e difundíronse en Madrid a través das Feiras do Campo.

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.