Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

23/02/2018

Prorrogada a mostra "Alfonso Sucasas" ata o 1 de abril de 2018

O MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA PRORROGA A EXPOSICIÓN “ALFONSO SUCASAS: UNHA REVISIÓN” ATA O VINDEIRO 1 DE ABRIL

 

·         A mostra consta dun conxunto de 64 obras, pertencentes tanto a coleccións privadas como a institucións públicas, datadas entre os anos 1957 e 2010

 

A Coruña, 21 de febreiro de 2018.- O Museo de Belas Artes da Coruña, diante o éxito de afluencia da mostra temporal “Alfonso Sucasas: Unha revisión”, decidiu prorrogar o seus período de apertura ao público ata o vindeiro 1 de abril de 2018. A exposición consta dun conxunto de 64 obras pertencentes tanto a coleccións privadas como a institucións públicas datadas entre 1957 e 2010.

Pretende facer unha revisión da traxectoria artística de Alfonso Sucasas abrindo novas liñas de interpretación para coñecer mellor os postulados desde os que pintaba, o seus intereses e inquedanzas, que van desde un persoal academicismo a un primitivismo expresionista, e onde as figuras deformadas constrúense sobre potentes e suxestivos grafismos para recrear un mundo onírico e monstruoso, que bascula entre a relixión e o paganismo. A mostra esta organizada polo Museo de Belas Artes baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Neste período de ampliación o Museo continuará ofertando visitas guiadas a exposición os sábados ás 18:30 horas tanto ao publico e xeral como aos distintos grupos culturais que o soliciten.

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.