Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

02/04/2018

Unha historia para un cadro. Colección de libros infantís

PUBLICACIÓNS

CONTOS INFANTÍS


Baixo o título Unha historia para un cadro, o Museo de Belas Artes da Coruña e a súa Asociación de Amigos, inicia unha serie de contos  infantís, a través dos que os nenos poderán achegarse ao coñecemento da pintura dunha forma moito máis amena e divertida. Cada un destes contos foi especialmente creado para a ocasión por un escritor galego de recoñecido prestixio, que seleccionou unha obra da colección permanente do museo para utilizala como punto departida e inspiración no posterior desenvolvemento da súa historia.

Cúmprese así un dobre obxectivo que consideramos fundamental como é a difusión dos nosos fondos museográficos, e a participación activa no ámbito educativo ao servicio da sociedade.


. A pequena gardiana 2009, Fina Casalderrey (ilustracións Xosé Cobas)

. Botella ao mar 2009, Marilar Aleixandre (Ilustracións Xosé Cobas)

. Chega un baixel 2009, Suso de Toro (ilustracións Xosé Cobas)

. Mariña surrealista 2009, Yolanda Castaño (Ilustracións Xosé Cobas)



* NOTA: Os libros pódense adquirir na tenda do museo a 10,00 € cada un, se ben a colección completa dos catro contos ofrécese ao prezo especial de 30,00 € (Os Amigos do Museo benefícianse dun 20% de desconto sobre o prezo).

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.