Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

14/03/2019

Presentación da incorporación de novas obras á colección do m useo

Presentación de novas obras na colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña procedentes do Museo Nacional del Prado, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e coleccións particulares


 

Data: Xoves, 14 de marzo Hora: 12:00h

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Participantes:  Anxo Lorenzo (Director Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia), Ángeles Penas Truque (Directora do Museo de Belas Artes da Coruña)

O Museo de Belas Artes da Coruña abre ao público varias das súas salas renovadas coa incorporación de novos fondos procedentes do Museo Nacional del Prado, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia, Circulo de las Artes de Madrid e coleccións particulares.

De entre as novas adquisicións, cabe sinalar o conxunto de 23 obras do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor depositadas polo Museo del Nacional Prado, que representan unha variada iconografía coa que completar e enriquecer os exemplos xa existentes na propia colección do museo. Xunto a estas, incorporáronse obras doutros autores como Urbano Lugrís, Julia Minguillón, Lago Ribera, Xaime Quessada, Juan Luis López, Issac Díaz Pardo, Elena Gago, Manuel Molezún, Alberto Datas,  Román Navarro ou Isidoro Brocos, sumando un total de 39 pezas.

Estes novos ingresos supoñen un enriquecemento da colección permanente pola súa calidade e representatividade, e permítenos mostrar un renovado discurso expositivo e unha reorganización de espazos que sen dúbida axudará  a comprender mellor o mundo convulso de finais do século XIX e principios do XX, coas novas tendencias que marcaron o inicio da modernidade e o desenrolo das vangardas artísticas no século XX. Xunto coa remodelación destas salas, hai que destacar tamén a presentación da colección de numismática procedente de doazóns, adquisicións e depósitos. Esta nova exposición ten un marcado carácter didáctico e permite mostrar ao público unha das seccións que ata hoxe non tiña un destacado papel na exposición permanente de Museo de Belas Artes da Coruña.

 

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.