Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

21/05/2020

Reapertura do Museo con medidas de sanitarias e de seguridade


REAPERTURA DO MUSEO CON MEDIDAS DE SANITARIAS E DE SEGURIDADE

O Museo de Belas Artes da Coruña abre de novo as súas portas ao público no seu horario habitual e adoptando as medidas necesarias para salvagardar a saúde dos visitantes. Así mesmo, prorroga a exposición dedicada a Luís Seoane ata o 20 de setembro de 2020.

O Museo de Belas Artes da Coruña reabre as súas portas ao público a partir do 21 de maio tras o peche polo período de corentena decretado tras o estado de alarma xerado pola propagación do COVID-19. Conforme ao protocolo establecido pola Xunta de Galicia nesta fase da desescalada e seguindo ás recomendacións das autoridades sanitarias, cómpre ter en conta as seguintes medidas para garantizar a seguridade na visita:


  • Control de acceso: o museo só poderá acoller visitas até un terzo da súa capacidade.
  • A visita será individual (entendida, non como unha única persoa, senón como unha familia ou unha unidade de convivencia). Non estará permitida a reserva de grupos.
  • Non se realizarán actividades culturais nin educativas de carácter presencial.
  • Todas as persoas que accedan ás instalacións do Museo deberán cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias e deberán seguir os protocolos de desinfección nos puntos habilitados á entrada do edificio.
  • En todo o interior do edificio débese manter a distancia mínima interpersoal de seguridade de 2 metros, respectando en todo momento os elementos de sinalización. O uso da máscara é obrigatorio naquelas zonas onde o espazo de circulación non permita asegurar os 2 metros de separación entre persoas.
  • Os visitantes deberán atender en todo momento as indicacións do persoal de seguridade do museo, que se encargará de vixiar o cumprimento das normas e de facilitar a circulación do público.
  • Os servizos de gardarroupa e consigna non estarán dispoñibles. Non se poderá acceder ao museo con mochilas, bolsas, maletas e outros vultos de grandes dimensións. Só estará permitido o acceso con bolsos de man e mochilas que non superen os 40 x 40 cm.
  • Está prohibido tocar calquera elemento da museografía (obras, vitrinas, peañas, cartelas, etc.).
  • Os folletos informativos non se distribuirán libremente en soporte impreso. Pódense consultar e descargar en formato dixital a través de códigos QR no museo ou na páxina web do museo.
  • A atención ao persoal investigador será preferentemente de forma telemática. No caso de que sexa absolutamente imprescindible, a atención presencial farase logo de cita previa (mu.belas.artes.difusion@xunta.gal).
  • O acceso á biblioteca do museo quedará restrinxido e a atención prestarase preferentemente de maneira telemática (mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal).


Máis información no correo electrónico mu.belas.artes.coruna@xunta.gal ou no teléfono 881 881 700.

Museo, noticias

ACHÉGATE

Reapertura do Museo desde o 21 de maio de 2020

Prórroga da exposición de Seoane hasta o 20 de setembro de 2020.

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Folleto do museo

(pdf)

Museum brochure

(pdf)

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.