Museo
buscar



O MUSEO / INFORMACIÓN / NOTICIAS

06/02/2012

Novos depósitos do Museo Nacional del Prado

NOTA DE PRENSA


LUGAR:
Museo de Belas Artes da Coruña

DATA: 7 de febreiro de 2012

HORA: 20:00 horas

ORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

PRESIDE O ACTO: Sr. D. Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.


PRESENTACIÓN

O Museo de Belas Artes da Coruña presenta ás dez obras do novo depósito que o Museo Nacional del Prado fai para compensar o levantamento do depósito dos lenzos de Vicente Carducho.

Os dez cadros que cedeu o Museo del Prado melloran de xeito notable a sección de pintura antiga do museo coruñés, non só pola calidade das obras, senón, tamén porque reforza o discurso expositivo da pintura do século XVII presente no Museo de Belas Artes da Coruña dende a súa fundación.

Esta novo depósito permite ao Museo de Belas Artes da Coruña, por unha parte, contextualizar dúas das pezas máis importantes da súa colección: ás táboas de Rubens. Coa incorporación de O Amor durmido de Erasmus Quellinus II e A caída de Ícaro de Jacob Peter Gowy  poténcianse ás obras de Rubens xa que tematicamente teñen unha relación directa. O cadro A apoteoses de Hércules de Jean Baptiste Borkens representa ao deus grecoromano que está vinculado co nacemento mítico da cidade da Coruña. Todas estas pezas formaron parte do programa decorativo que realizou Rubens para a Torre da Parada, pavillón de caza de Felipe IV.

En canto ao xénero relixioso incorpóranse co novo depósito catro obras, dúas de Vicente Carducho, A ordenación de san Xoán de Mata e Primeira misa de san Xoán de Mata, e outras dúas de Francisco Rizi, A Visitación e A Presentación de Xesús no Templo.

Pola súa parte o xénero do retrato vese potenciado na colección do museo coa incorporación dos retratos de Margarita de Austria, raíña de España de Juan Pantoja de la Cruz e o de Mariana de Austria de Frans Luyck.

Por último destacar a obra Xogadores de naipes de Theodoor Rombouts que incorpora a pintura de xénero, unha temática inexistente na súa colección permanente e que tivo un enorme desenvolvemento durante o barroco.


 
AS OBRAS

Gowy, Jacob Peter
"A caída de Ícaro"
1636 – 1637
Óleo / Lenzo
195 x 180 cm

Quellinus II, Erasmus
"O Amor dormido"
1636 – 1637
 Óleo / Lenzo
81 x 98 cm

Borkens, Jean Baptiste
"A Apoteoses de Hércules"
1636 – 1637
Óleo / Lenzo
189 x 212 cm

Carducho, Vicente
"San Xoán de Mata renuncia ao doctorado e aceptao logo por inspiración divina"
1634
Óleo / Lenzo
240 x 234 cm

Carducho, Vicente
"Ordenación e primeira misa de san Xoán de Mata"
1634
Óleo / Lenzo
239 x 196 cm

Rizi, Francisco
"A Presentacion de Xesús no Templo"
ca.1663
Óleo / Lenzo
206 x 290 cm

Rizi, Francisco
"A Visitación"
ca.1663
Óleo / Lenzo
206 x 290 cm

Juan Pantoja de la Cruz
“Margarita de Austria, raiña de España”
1607
Óleo / Lenzo
112 x 97 cm

Luycks, Frans
"Mariana de Austria"
ca.1647
Óleo / Lenzo
177 x 116 cm

Rombouts, Theodoor
"Xogadores de naipes"
ca.1627
Óleo / Lenzo
100 x  223 cm

Museo, noticias

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.