Museo
buscar



Un colnto de nadal

Durante as pasadas festas celebrouse no museo unha nova edición dos nosos obradoiros, que este anoo titulamos Un conto de nadal.

Durante catro jornadas os alumnos e alumnas foron creando, co apoio do educador, unha historia, un conto de Nadal, partindo de personaxes e escenarios que atopamos nos cadros do museo.

A primeira tarefa foi crear aos personaxes partindo dunha imaxe: como eran, a que se dedicaban, como se chamaban... Apareceron claramente dous grupos, un de malos e outro de bos, e unha serie de personaxes cos que podíamos "xogar", pois non estaban claramente definidos.


Despois de crear aos personaxes, decidimos que unha raíña malvada e dúas princesas serían o xermolo da nosa historia, e o seu palacio sería eo escenario principal. Un palacio con alxubes, claro, pois non era ouro todo o que relucía naquel reino.

Mentres elaborábamos a historia, fomos acompañando o obradoiro con diferentes actividades plásticas, como modelar aos nosos personaxes, colorealos e crear un escenario que recrease os diferentes lugares onde a acción da nosa historia tería lugar. Para elo, buscamos inspiración nos cadros do museo, e utilizamos unha morea de materiaiss variados, moitos deles reciclados.

A historia desencadenouse na festa de Nadal do palacio, onde non todos os que asistiron estaban invitados. Alí comenzou tamén a historia de amor entre dous dos personaxes do conto. A acción  levounos do salón de baile ao calabozo del palacio, onde se cociñou un plan para derrocar á malvada raíña e ás súas fillas. La aventura no había hecho más que comenzar...

Ademais de modelar aos nosos personaxes e situalos no escenario que creáramos, cada un dos participantes levouse un exdmplar do conto á súa casa, despois de encuadernaro e ilustralo.

O máis difícil foi poñernos de acordo no desenlace da historia, pois ocurríronsenos varios finais alternativos. Ao fin, houbo acorrdo entre todos, e celebrámolo cunha festa de disfraces na que cada un se vestiu como o personaxe que creara

Se queres coñecer o noso conto de nadal, podes descargalo aquí.






ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.