Museo
buscar



DA ESCOLA AO MUSEO - PROXECTO EDUCATIVO


- Da escola ao Museo
 é unha proposta educativa que xurde desde o museo co fin de achegar o fermoso mundo dos museos ás escolas, dando a coñecer e poñendo en valor a importante misión educativa, cultural e patrimonial dos museos.

Desde hai varias décadas, os museos están a vivir un proceso de apertura cara a sociedade. Os museos de hoxe en día son lugar aberto e participativo, no que a comunidade -tamén a escola e o público infantil- ten moito que dicir. 

Trátase dunha proposta flexible, para que os mestres e mestras poidan adaptala aos seus intereses educativos. O número de sesións non está prefixado, dependerá en cada caso das dimensións e a profundidade que o propio profesorado queira propoñer. 

O proxecto, en principio, implica ás áreas de educación artística e ciencias sociais. Aínda que pode ser modificado polo profesorado para traballar contidos doutras áreas.

Da escola ao museo é un proxecto deseñado para primeiro e segundo de primaria, aínda que pode ser adaptado a outros niveis do sistema educativo.

No proxecto propoñemos unha serie de pasos que, en todo caso, poden ser modificados e ampliados polo profesorado interesado en traballar partindo desta idea. 

Para a realización do proxecto, propoñemos unha metodoloxía baseada no autodescubrimento guiado, que implica o uso das TIC, a creatividade plástica e que complementa o traballo  na aula coa visita ao museo e a participación no ámbito familiar.






volver


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Da escola ao museo

Presentación

Pasos

Currículo

Enlaces

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.