Museo
buscar



DA ESCOLA AO MUSEO - INTEGRACIÓN NO CURRÍCULO EDUCATIVO

*Currículo educativo de primaria (decreto 105/2014)

OBXECTIVOS DE PRIMARIA

b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabili­dade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.

h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.

i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da co­municación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.

j) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.

o) Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importan¬tes á cultura e á sociedade galegas.


COMPETENCIAS BÁSICAS

– Comunicación lingüística (CCL).
– Competencia dixital (CD).
– Aprender a aprender (CAA).
– Competencias sociais e cívicas (CSC).
– Conciencia e expresións culturais (CCEC).


CONTIDOS EDUCATIVOS

Área  de  Educación Artística 

Primeiro curso

B1.8. Descrición verbal de sensacións e observacións das obras plásticas.
B1.9. Observación da obra plástica e visual no contexto, en exposicións e en museos, e comentarios posteriores sobre elas.
B1.10. Expresión oral das impresións que a obra artística xera.
B2.1. Uso de diferentes formas, texturas e cores nas producións.
B2.2. Elaboración de debuxos, pinturas, colaxes, estampaxes, ilustracións, volumes, encartado de formas etc.
B2.4. Exploración de recursos dixitais para a creación de obras.

Segundo curso

B1.3. Observación comentario da obra plástica e visual no contexto, en exposicións e en museos.
B1.4. Curiosidade por descubrir as posibilidades artísticas que ofrece o contexto. Identificación de nomes da profesión artística.
B1.5. Descrición de imaxes presentes no contexto.
B1.6. Exploración dos elementos plásticos nas imaxes (ilustracións, fotografías, cromos, carteis, logos etc.).
B1.11. Experimentación con ferramentas nas actividades plásticas e con diversos soportesB2.3. Elaboración de debuxos, pinturas, colaxes, estampaxes, encartados, ilustracións etc.
B2.1. Exploración de cores, mesturas e manchas de cor con diferentes tipos de pintura e sobre diversos soportes.
B2.8. Exploración de recursos dixitais para a creación de obras artísticas.
B2.11. Interese polo traballo individual e colectivo confiando nas posibilidades da produción artística.
B2.12. Respecto polas contribucións dos compañeiros e das compañeiras, e disposición para resolver as diferenzas.

Área  de  Ciencias sociais 

Primeiro curso

B1.2. Propostas de traballo que xurdan dunha situación problema, acontecemento ou inquietude da contorna que os rodea, que supoña un proceso de investigación e acción por parte do alumnado e facilite o proceso de autorregulación de aprendizaxes.

B1.3. Introdución no uso das TIC e outras fontes (directas e indirectas) para obter información, analizala, organizala,documentar o proceso mediante o uso do cartafol e a comunicación das conclusións.
B1.4. Planificación, xestión e presentación dos traballos co fin de acadar obxectivos.
B1.5. O traballo en equipo.
B3.7. Manifestacións culturais da contorna.

Segundo curso

B1.2. Propostas de traballo que xurdan dunha situación problema, acontecemento ou inquietude da contorna que os rodea, que supoña un proceso de investigación e acción por parte do alumnado e facilite o proceso de autorregulación de aprendizaxes.
B1.3. Introdución no uso das TIC e outras fontes (directas e indirectas) para obter información, analizala, organizala, documentar o proceso mediante o uso do cartafol e a comunicación das conclusións.
B1.4. Planificación, xestión e presentación dos traballos co fin de acadar obxectivos.B1.5.O traballo en equipo.
B3.3. Investigación sobre as diferentes manifestacións culturais da contorna.
B4.4. O patrimonio histórico, cultural e artístico. Coidado e conservación.
B4.5. Os museos como espazo de aprendizaxe e de goce.

 

AVALIACIÓN

Propoñemos unha  avaliación continua ao longo de todo o proxecto, que teña en conta os seguintes criterios de avaliación recollidos no Decreto 105/2014

Área de educación artística

Primeiro curso

B1.1. Amosar respecto pola área e polos diferentes tipos de expresión plástica.

B1.2. Valorar a limpeza, os materiais e a orde na realización dunha tarefa plástica e o seu produto final.

B1.4. Usar léxico sinxelo e adecuado para comentar as obras plásticas propias e alleas.

B1.5. Identificar diferentes formas de representación do espazo. B2.1. Probar en producións propias as posibilidades que adoptan as formas, texturas e cores.

B2.2. Realizar composicións plásticas que representen o mundo imaxinario, afectivo e social.

B2.3. Respectar e coidar os materiais, os utensilios e os espazos.

Segundo curso

B1.1. Identificar as diferentes materiais e formas de expresión plástica.

B1.2. Describir oralmente e de forma sinxela diferentes formas de expresión artística.

B1.5. Manexar as actividades plásticas utilizando coa correspondente destreza diferentes ferramentas (recortar, pegar, encher, traballar con pincel, pegamentos etc.).

B2.3. Realizar composicións bidimensionais e tridimensionais segundo un desexo de expresión, coas técnicas aprendidas.

B2.6. Recoñecer, diferenciar e utilizar a expresividade de diversos materiais e soportes audiovisuais.

B2.7. Coidar, respectar e utilizar axeitadamente os materiais, os utensilios e os espazos.

B2.8. Elaborar os traballos individualmente e en grupo.

Área de Ciencias Sociais

Primeiro curso

B1.1. Realizar traballos de investigación que partan do establecemento de conxecturas, da observación, experimentación e da toma de conciencia dos sentimentos e sensacións como medios básicos para obter información, seleccionala, organizala, extraer conclusións e comunicalas sen esquecer a introdución ao manexo das TIC para este fin e valorando o esforzo realizado.

B1.2. Traballar en equipo e adoitar un comportamento de respecto e tolerancia ante as achegas alleas.

B3.8. Coñecer algunha das grandes manifestacións culturais que se celebran na escola valorando a súa diversidade e contribuíndo á súa conservación.

Segundo curso

B1.1. Realizar traballos de investigación que partan do establecemento de conxecturas, da observación, experimentación e da toma de conciencia dos sentimentos e sensacións como medios básicos para obter información, seleccionala, organizala, extraer conclusións e comunicalas sen esquecer a introdución ao manexo das TIC para este fin e valorando o esforzo realizado.

B1.2. Traballar en equipo e adoitar un comportamento de respecto e tolerancia ante as achegas alleas.

B3.5. Recoñecer algunha das manifestacións culturais e obras mais representativas da comarca e da comunidade, valorar a súa diversidade e contribuír á súa conservación.

B4.1. Comprender e distinguir os conceptos temporais: pasado, presente e futuro.

B4.4. Recoñecer a cultura e o patrimonio da contorna que nos rodea comprendendo a importancia da súa conservación.

B4 5. Coñecer que é un museo, cal é a súa función e valorar o seu papel gozando da contemplación de obras artísticas.

volver

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Da escola ao museo

Presentación

Pasos

Currículo

Enlaces

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.