Museo
buscar



A incríbel historia dunha pinga de pintura azul

Tipo de Visita Visita dinamizada

Nivel 3º - 4º Ed. Infantil

Duración 1 h  30 min


Obxectivos


Posibilitar unha primeira aproximación ao mundo dos museos por parte dos máis cativos
Descubrir, a través da observación e do xogo, as distintas situacións que agochan as obras da colección
- Estimular a imaxinación a través da observación das obras de arte
- Diferenciar as cores primarias das secundarias
- Recoñecer as tonalidades da gama cromática e experienciar como nos suxiren sensacións diferentes


Desenvolvemento do percorrido

A incríbel historia dunha pinga de pintura azul é unha actividade concibida como unha primeira aproximación ao mundo do museo por parte dos máis cativos. Nesta visita de carácter narrativo percorreremos os distintos espazos do museo acompañados dunha pinga azul que contará aos nenos e nenas as súas aventuras desde que escapou dun bote de pintura. Partindo das ideas previas dos nosos pequenos visitates observaremos cadros cheos de motivos familiares: o mar, as flores, os animais... facendo fincapé nas súas formas, figuras e cores. Dun xeito lúdico e participativo, descubriremos a diferenza que existe entre as cores primarias e as secundarias e observaremos as distintas tonalidades que pode ter unha mesma cor. Reflexionaremos sobre os sentimentos e as sensacións que estas cores poden suxerirnos.  


ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.