Museo
buscar



COLECCIÓN / SALAS

A Adoración dos Pastores

FICHA TÉCNICA

A Adoración dos PastoresS. XVIIII

MAELLA, Mariano Salvador (1739-1819) (Atribuído)

Nº Inventario: 283

Técnica: Óleo

Soporte: Lenzo

Dimensións: 115 x 95,3 cm

Procedencia: Asignación. Usucapión de Servizo de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional. Junta Delegada de Incautación, Protección e Salvamento do Tesoro Artístico.

Comentario: Esta escena, narrada unicamente por San Lucas, foi amplamente representada na iconografia cristiá, sendo un tema moi frecuente a partir do Renacemento en Italia e en Flandes. En España popularízase algo tardiamente e xeneralízase no XVIII, co Barroco do Século de Ouro, recuperando a autonomía respecto á escena dos Magos e a Natividade, e servíndose do naturalismo e o realismo como vehículos idóneos para achegar os preceptos da Igrexa ao pobo tras o Concilio de Trento.Trátase dunha escena nocturna na que os pastores e pastoras van adorar o Neno no presebe en Belén, portando humildes ofrendas como o cordeiro coas patas atadas, aves e ovos. Un coro de anxos cantan "Gloria in excelsis" mentres a Virxe María, axeonllada, sostén ao Neno Xesús apoiado no presebe, e do que emana un esplendor divino cuxa luz cega o rostro da súa nai. San José, coa vara florida que xermolou no Templo cando foi escollido como esposo da Virxe María, parece presentar a escena ao espectador.

ACHÉGATE

Visitas escolares

Percorridos educativos

INFORMACIÓN

Museo de Belas Artes da Coruña

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña Tlf: 881 881700 Fax: 881 881701

contacto

Audioguias

Rua Zalaeta s/n 15002 A Coruña
Tlf: 881 881 700 Fax: 881 881 701
mu.belas.artes.coruna@xunta.es
© Copyright 2008-2009. Museo de Belas Artes da Coruña. Reservados todos los derechos.